As axudas para a instalación de ascensores, elevadores e salvaescaleiras están incluído no Plan
RehaVIta 2015-2020 Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.
Este programa consiste nunha liña de subvencións destinada á instalación de ascensores,
salvaescaleiras e outros mecanismos de mellora da accesibilidade en edificios de vivendas, vivendas
dúplex e vivendas unifamiliares que non dispoñan dos mesmos.
Beneficiarios
Poderán beneficiarse destas axudas:
- Comunidades de propietarios de vivendas
- Propietarios únicos de edificios de vivendas
- Propietarios de vivendas dúplex
- Propietarios de vivendas unifamiliares.
En todos os casos deberá tratarse de persoas físicas.
Axuda
Subvención a fondo perdido do 60 por cento do custe, cos seguintes importes máximos:
|
Vivendas emprazadas en ámbitos históricos ou nos Camiños de Santiago
|
Resto de vivendas
|
Vivendas unifamiliares e dúplex
|
4.500 €
|
2.500 €
|
Edificios de tipoloxía residencial colectiva con ata 8 vivendas
|
35.000 €
|
25.000 €
|
Edificios de tipoloxía residencial colectiva con máis de 8 vivendas
|
28.000 €
|
18.000 €
|
Obras financiables
Estas axudas poderán empregarse para a instalación, onde non existan, de:
- Ascensores
- Elevadores
- Salvaescaleiras
- Outros dispositivos que faciliten a accesibilidade entre os diferentes andares da
edificación.
A instalación poderá realizarse en:
- Edificios residenciais colectivos.
- Vivendas unifamiliares
- Vivendas tipo dúplex.
Consideraranse subvencionables:
- Honorarios dos profesionais que interveñan
- Informes técnicos e certificados necesarios
- Gastos derivados da tramitación administrativa
- Custos en equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra asociados á instalación do
ascensor e dos demais dispositivos de accesibilidade, de xeito que estes queden operativos.
No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
Compatibilidade
As axudas deste programa son compatibles con calquera outra axuda para esta finalidade, sen que
a suma de todas as axudas poida, en ningún caso, superar o custe das obras.