PROGRAMA DE FOMENTO DA REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS. PLAN ESTATAL 2013-2016
Ámbito da ARI
A delimitación da ARI comprende o
trazado das sete rutas do Camiño en Galicia:
-
Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro
ata Santiago de Compostela
-
Da Prata: Dende A Mezquita ou Verín
ata Santiago de Compostela
-
Inglés. Dende Ferrol ou A Coruña,
xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
-
Primitivo. Dende A Fonsagrada ata
Melide que conecta co Camiño Francés
-
Norte. Dende Ribadeo ata Arzúa que
conecta co Camiño Francés
-
Fisterra-Muxía. Dende Santiago de
Compostela ata Fisterra con desvío a Muxía
-
Portugués. Dende Tui a Santiago de
Compostela
Particularidades do ámbito:
-
Non se inclúen as vivendas que
figuren dentro dos ámbitos doutra ARI xa declarada.
-
Nos concellos rurais as axudas son
aplicables na totalidade da parroquia (excepto no indicado no punto seguinte)
-
Nas conexións coas cidades e vilas
limitarase o ámbito exclusivamente ao trazado do Camiño.
Persoas beneficiarias:
-
Persoas físicas propietarias únicas
de edificios ou de vivendas.
-
Comunidades de propietarios/as de
vivendas
-
Agrupacións de comunidades de
propietarios/as de vivendas
Sempre que non incorran nas
prohibicións para ser beneficiario dunha subvención establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de
subvencións de Galicia.
Actuacións protexibles:
-
Consideraranse actuacións
protexibles a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en vivendas, edificios
de vivendas e vivendas unifamiliares a fin adecualas á normativa vixente.
-
As actuacións protexibles serán as
comprendidas no catálogo de actuacións incorporado como anexo I á Orde de 29 de maio de 2017 (DOG,
nº 112, do 14 de xuño)
-
As actuacións contempladas son as
seguintes:
I.- OBRAS DE MANTEMENTO A FIN DE
ADECUAR OS EDIFICIOS Á NORMATIVA VIXENTE
1. Actuacións destinadas a garantir
a seguridade
-
As actuacións necesarias de reforzo,
reparación ou consolidación da estrutura portante do edificio para garantir as condicións de
seguridade necesarias e para evitar deformacións na estrutura que produzan danos noutros elementos
da edificación.
-
As actuacións necesarias para
eliminar, reparar ou substituír aqueles elementos construtivos que polo seu estado de conservación
ou polas súas características podan supor un risco para os usuarios do edificio ou producir danos
nos edificios ou espazos contiguos.
-
As actuacións necesarias para
garantir a protección dos edificios fronte ao lume e garantir a seguridade en caso de incendio.
Inclúense neste apartado as actuacións dirixidas a evitar a propagación do lume en caso de
incendio, instalar ou reparar os sistemas de protección contra incendios, illar a estrutura do
edificio para garantir a súa resistencia en caso de incendio así como as actuacións necesarias para
facilitar a evacuación do edificio en caso de incendio.
-
A execución das obras precisas para
garantir a utilización do edificio en condicións de seguridade eliminando o risco de caídas, de
danos por impacto, atrapamento ou aprisonamento.
-
A protección do edificio fronte a
acción do raio.
2. Actuacións destinadas a garantir
a protección fronte a auga e a humidade
-
As actuacións sobre as fachadas,
carpintería exterior e cubertas das edificacións que teñan por obxecto protexer o edificio fronte a
auga de chuvia.
-
As actuacións que teñan por obxecto
protexer o edificio fronte a auga proveniente do terreo
-
As actuacións que teñan por obxecto
evitar a condensación da auga nos paramentos ou elementos construtivos da vivenda mediante a
eliminación de pontes térmicas, o establecemento de elementos ou sistemas de ventilación, o
incremento do illamento térmico, a colocación de barreiras fronte o vapor de auga, etc..
3. Actuacións destinadas a garantir
as condicións de salubridade da vivenda
-
Establecemento de sistemas de
ventilación, activa ou pasiva que garantan a calidade do ar interior.
-
-
Actuacións de reparación ou dotación
das instalacións axeitadas de subministro de auga.
-
Actuacións de reparación ou dotación
das instalacións axeitadas de evacuación de augas residuais.
4. Actuacións destinadas a adecuar,
total ou parcialmente, á normativa vixente as instalacións dos edificios e vivendas
Estas actuacións inclúen as de
reparación, actualización, mellora ou substitución das instalacións indicadas a continuación co fin
de garantir as súas adecuadas prestacións ou adaptalas total ou parcialmente á normativa específica
de aplicación:
-
Instalacións de abastecemento de
auga
-
Instalacións de evacuación de augas
residuais
-
Instalacións de
electricidade.
-
Instalacións de infraestruturas
comúns de telecomunicacións.
-
Instalacións de ascensores.
-
Instalacións de auga quente
sanitaria.
-
Instalacións térmicas dos
edificios
-
Instalacións de subministración e
almacenamento de combustibles
5. Actuacións destinadas garantir
que as edificacións cumpran as condicións de ornato público, adecuación ao entorno e de protección
do patrimonio cultural ou paisaxístico
-
Obras destinadas á reparación ou
adecuación das edificacións para garantir o ornato público esixible.
-
O remate de fachadas con materiais
axeitados ao contorno cando aquelas teñan á vista elementos concibidos para ser revestidos.
-
A eliminación e substitución de
materiais, elementos ou sistemas construtivos das edificacións que non resulten congruentes co seu
contorno.
-
As obras de reparación,
rehabilitación e/ou conservación de fachadas, carpintería exterior ou cuberta das edificacións
mediante o emprego de materiais que polas súas características e cores resulten acordes cos das
edificacións tradicionais do contorno e ca paisaxe no que estean emprazados
-
En xeral, todas aquelas destinadas a
garantir a harmonización das edificacións coas edificacións tradicionais ou históricas do seu
contorno e co medio natural onde estean emprazadas.
-
As actuacións que teñan por obxecto
adecuar os edificios ás esixencias derivadas da normativa sobre protección do patrimonio cultural
ou paisaxístico.
II.- OBRAS PARA A MELLORA DA
EFICIENCIA ENERXÉTICA DO EDIFICIO E VIVENDA
1. Actuacións destinadas a reducir a
demanda enerxética dos edificios e vivendas e reducir a emisión de gases de efecto
invernadoiro
-
A execución de obras destinadas
reducir a demanda enerxética da vivenda, mediante o incremento do illamento térmico, a colocación
de dobre carpintería ou substitución da existente por outra de maiores prestacións térmicas ou
calquera outra medida que teña por obxecto a redución da demanda enerxética.
-
As obras ou actuacións destinadas a
mellorar o rendemento das instalacións térmicas dos edificios e vivendas.
-
A substitución dos sistemas de
produción de enerxía térmica por outros que impliquen unha menor emisión de gases de efecto
invernadoiro ou que utilicen enerxías renovables.
-
A colocación, reparación ou mellora
dos sistemas de captación da enerxía solar para produción de auga quente sanitaria.
-
As actuacións tendentes a mellorar a
eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.
III.- OBRAS PARA MELLORAR AS
CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE AOS EDIFICIOS E OS ACCESOS ÁS VIVENDAS E LOCAIS E A SÚA ADAPTACIÓN Á
NORMATIVA ENERXÉTICA
1. Actuacións destinadas a garantir
a accesibilidade dos edificios e vivendas e a súa correcta utilización por persoas con limitacións
sensoriais ou motrices.
Considéranse protexibles as
seguintes actuacións cando teñan por obxecto garantir a accesibilidade aos edificios e vivendas ou
facilitar a súa utilización por persoas con limitacións sensoriais ou motrices:
-
A eliminación das barreiras
arquitectónicas que poidan supor un atranco para a súa utilización.
-
A execución de obras ou instalacións
así como a súa adecuación para a utilización por estas persoas.
-
A instalación de mobiliario de
cociña adaptado.
-
A execución de baños e aseos ou a
adaptación destes ou dos seus elementos.
-
A adecuación dos espazos da vivenda
co obxecto de permitir ou facilitar a súa correcta utilización.
-
A adición e acondicionamento á
vivenda de espazos que tiveran un uso distinto ao de vivenda cando aquela non reunise os requisitos
de accesibilidade precisos.
En ningún caso se considerarán
protexibles as seguintes actuacións:
-
As que supoñan a demolición ou
baleirado interior das edificacións, coa excepción dos casos en que sexa preciso para garantir as
condicións de accesibilidade ou para adecuar ou executar as instalacións dos edificios.
-
As obras que impliquen unha
redistribución dos espazos dos edificios e vivendas.
Contía das axudas:
-
O gasto subvencionable fixado na
cualificación definitiva determinarase logo da comprobación da execución de todas as obras e da
emisión do informe favorable dos servizos técnicos das Áreas Provinciais do IGVS, en atención ás
facturas e documentos bancarios de pagamento que se presenten como xustificación destas.
-
A contía máxima da axuda contida na
prórroga do Plan estatal 2013-2016 terá un importe de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de
rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder do 35% do custo subvencionable, reflectido na
cualificación definitiva.
-
As axudas autonómicas terán un
importe máximo de 4.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso
poida exceder do 10% do custo subvencionable da actuación reflectida na cualificación
definitiva.
Procedemento:
1º paso: solicitar a cualificación
provisional
Para participar neste programa as
persoas interesadas deberán solicitar a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación
e executar as obras de conformidade coa resolución de cualificación provisional.
Prazo de presentación de solicitudes
de cualificación provisional:
A cualificación provisional pode
solicitarse en calquera momento anterior á finalización das obras.
O prazo de presentación de
solicitudes pecharase por resolución da dirección xeral do IGVS en atención ao número de
solicitudes presentadas e á dotación orzamentaria dispoñible. A resolución de peche do prazo de
presentación de solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do
IGVS.
2º paso: solicitar a cualificación
definitiva
No prazo máximo dun mes dende o
remate das obras, e sempre antes do cumprimento do prazo máximo de execución fixado na resolución
de cualificación provisional, a persoa promotora deberá solicitar á correspondente Área provincial
do IGVS, a cualificación definitiva das actuacións.
3º paso: solicitar a axuda
No DOG nº 17, do 24 de xaneiro de
2018, publicouse a Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan as axudas da ARI dos
Camiños de Santiago para o ano 2018.
O prazo de presentación de
solicitudes será desde o día 25 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2018.
Para poder acceder ás subvención é
necesario que actuación de rehabilitación do edificio ou vivenda conte coa correspondente
resolución de cualificación definitiva.
Non esqueza
O outorgamento da cualificación
provisional ou definitiva non implica o recoñecemento do outorgamento da subvención, a cal deberá
ser solicitada ao abeiro da correspondente convocatoria.
Incompatibilidades:
Non poderán obter os beneficios
deste programa para as actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos
Camiños de Santiago as persoas beneficiarias das axudas do programa de rehabilitación edificatoria
da prórroga do Plan estatal 2013–2016.
Tampouco poderán beneficiarse destas
axudas as vivendas incluídas no ámbito doutras ARI xa declaradas.
Sen prexuízo do sinalado no
parágrafo anterior, as subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública,
sempre e cando a suma de todas elas non supere o custo total da actuación concreta.
¿QUÉ DEBE SABER?
Respecto ás actuacións:
-
As actuacións deberán axustarse ao
proxecto de execución das obras presentado coa solicitude ou, no seu caso, á memoria subscrita por
persoal técnico competente.
-
No caso de realizarse actuacións en
edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario contar co correspondente
informe de avaliación dos edificios.
-
Todas as actuacións deberán dispor
de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de
comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
-
As actuacións de rehabilitación
deberán terse iniciado con posterioridade á data de entrada en vigor do Plan estatal 2013-2016 (11
de abril de 2013) e en ningún caso estar finalizadas antes da presentación da solicitude de
cualificación provisional.
Respecto á documentación que terá
que presentar:
-
É importante que saiba que terá que
presentar toda a documentación requerida nas bases e na convocatoria, entre a que destaca:
-
Reportaxe fotográfica que amose as
obras realizadas.
-
Facturas das persoas provedoras que
participaron na execucións das obras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a
súa descrición conforme o anexo VII da Orde de 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para
solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da
área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago (DOG 28-12-2015).
-
Documentos bancarios acreditativos
do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagos en efectivo, nin se admitirán como
xustificantes os obtidos a través da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria
ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria.
Excepcionalmente, admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000
euros.
-
Licenzas e/ou autorizacións
preceptivas.
-
Certificado do inicio das obras, no
caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade á resolución desta orde, emitido polo/a
técnico/a responsable da obra ou, no seu caso, pola empresa contratista.
-
Certificado do remate das obras e,
de ser o caso, certificado de instalacións térmicas, eléctricas ou da posta en marcha de ascensor
tramitado ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
-
Copia de, a lo menos, tres ofertas
de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo a executar supere a contía de 30.000
€. A elecciónentre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e
economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta
económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de
xuño.
Máis información: