O Programa Rehaluga establece subvencións para a rehabilitación ou mellora de vivendas para a
súa incorporación ao Programa de Vivendas Baleiras, no ámbito do Plan rehaVIta, plan galego de
rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020 e convocar estas subvencións para a
anualidade 2019.
BENEFICIARIAS
Poden beneficiarse destas axudas as persoas, físicas, que sexan propietarias ou usufrutuarias
das vivendas e realicen as actuacións necesarias para a súa incorporación ao Programa de Vivendas
Baleiras.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
Obras de conservación e mantemento
Obras de rehabilitación precisas para garantir a habitabilidade da vivenda, así como o correcto
funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente
Axustes na distribución interior da vivenda que non impliquen unha alteración substancial da súa
configuración.
Nas actuacións de reparación, rehabilitación ou conservación de fachadas, carpintería exterior
ou cuberta das edificacións seguiranse os criterios fixados na Guía de Cor e Materiais elaborada
pola Xunta de Galicia
CONTÍA
As actuacións subvencionaranse polo gasto xustificado, sen que o importe desta axuda poida
superar a cantidade de 8.000 euros en ningún caso.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O EXERCICIO 2020
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de novembro de 2020, salvo
esgotamento previo do crédito.