Co fin de impulsar a rehabilitación e mellora das vivendas de promoción pública promovidas polo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante IGVS) ou transferidas á Comunidade Autónoma de
Galicia en virtude do Real decreto 1926/1985, do 11 de setembro, e do Real decreto 1461/1989, do 1
de decembro, de transferencias en materia de patrimonio arquitectónico, control da calidade da
edificación e vivenda, é necesario incentivar as actuacións de reparacións nos edificios de
vivendas protexidas de promoción pública por medio do establecemento de subvencións ás comunidades
de propietarios.