Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Axudas a concellos » Antigas vivendas de mestres

REHABILITACIÓN

REHABILITACIÓN DAS ANTIGAS VIVENDAS DE MESTRES, DOUTROS OFICIOS E DEMAIS EDIFICIOS E VIVENDAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar as antigas vivendas de mestres, as doutros oficios e as demais edificacións da súa titularidade, co obxecto de que se destinen, en réxime de alugamento, á residencia habitual e permanente de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem).

Actuacións subvencionables

Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal, que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade.

Concellos beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran cos seguintes requisitos:

  • Contar con menos de 20.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística e correspondente ao día 1 de xaneiro do ano de cada convocatoria.
  • Contar cun número de persoas demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia no seu concello, cando menos igual ao de vivendas para as cales se solicita axuda .
  • Ter cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, no que o seu prazo de presentación estivera vencido.


Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía

As axudas poderán acadar ata o 90% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 40.000 euros por vivenda rehabilitada ou de 48.000 euros, no caso de vivendas situadas no ámbito histórico ou dos camiños de Santiago

Adxudicación

As vivendas serán adxudicadas en réxime de alugamento entre as persoas inscritas no concello, conforme ao procedemento establecido no Programa de Vivendas Baleiras, derivado do citado convenio de colaboración enre o IGVS e a Fegamp ou da norma que o substitúa.

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.

Áreas de Rehabilitación Integral(ARI)

A rehabilitación dos contornos urbanos plásmanse na creación das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) que son a chave para a rehabilitación de espazos urbanos degradados a través de programas orientados á súa conservación, recuperación e mellora de calidade de vida dos seus habitantes.