Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Plans » Plan 2013-2016

Presentación

A aplicación en Galicia do Plan de Fomento e Alugueiro de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas establécese a través do convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento o pasado cinco de setembro de 2014.

Con data 3 de Decembro de 2014 publicouse no BOE a orde FOM/2252/2014, do 28 de novembro, pola que se determina a efectividade das líñas de axuda previstas no Real Decreto 233/2013, do 5 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a regeneración y renovación urbanas 2013-2016

As axudas incluídas no mesmo poderán solicitarse unha vez publicadas no DOG as correspondentes ordes de axudas.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto

PROGRAMA PAGUS

O Programa de Apoio á Xestión Urbana Sustentable (PAGUS) é un Programa INTERREG III-C da Comisión Europea que ten por obxectivo desenvolver estratexias e instrumentos comúns para a rehabilitación sustentable e desenvolvemento dos centros históricos das cidades e vilas europeas a través de diferentes tipos de accións integradas. En Galiza desenvolveronse accións ao seu abeiro en Allariz, Celanova, Ferrol, Lugo, Mondoñedo, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela ou Vigo.