OFERTA PÚBLICA DE PERMUTA PARA OS POLÍGONOS 1, 2 E 3 DO PARQUE RESIDENCIAL DE SAN PAIO DE
NAVIA
Resolución pola que se realiza a oferta pública de adquisición, mediante permuta, publicada
no Diario Oficial de Galicia do venres 20 de abril de 2018
1.- DEFINICIÓN
A oferta pública, mediante permuta, consiste en:
- O propietario achega ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) terreos incluídos nos
polígonos 1, 2 e 3 do Plan Parcial de San Paio de Navia.
- O IGVS entregará a cambio edificabilidade en parcelas/rueiros urbanizados.
2.- CONDICIÓNS
A qué poden optar os permutantes:
Os propietarios que permuten terreos, poden solicitar a materialización da edificabilidade
que lles corresponda nas parcelas indicadas no anexo da Resolución publicada no DOG.
As parcelas son das seguintes características:
Uso
residencial colectivo
|
Uso
residencial colectivo
ou en
vivenda unifamiliar.
|
Uso residencial en
vivenda unifamiliar
|
Uso
terciario
|
Ordenanza 4P
|
Ordenanza 7P
|
Ordenanza 9P
|
Ordenanza 11P
|
A oferta estará condicionada á aprobación definitiva da modificación segunda do Plan parcial de
San Paio de Navia. A permuta quedará sen efecto de non producirse dita aprobación antes dos 12
meses dende a notificación da resolución que dite a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS
relativa á aceptación de permuta.
3.- REQUISITOS DAS PROPOSTAS DE PERMUTA:
- A superficie proposta para a permuta non poderá ser inferior a 250 m2.
- Poderanse agrupar varias parcelas, aínda que pertenzan a varios propietarios, nunha única
proposta. Non se poderán agrupar cando soliciten parcelas destinadas a vivenda unifamiliar.
- Non se poderá incluír a mesma parcela en máis dunha proposta de permuta.
- Deberá especificar o rueiro ou parcelas onde se pretende materializar a edificabilidade e
a súa preferencia/alternativa tendo en conta o seguinte:
SOLO DE USO RESIDENCIAL
|
SOLO DE USO TERCIARIO
(Parcelas S2 e M-VIB-11)
|
POLÍGONO 1
|
POLÍGONO 2
|
POLÍGONO 3
|
Poden solicitar parcela os propietarios de terreos
emprazados en calquera polígono
|
Poden solicitar parcela os propietarios de terreos
emprazados nos polígono 2 e 3
|
Poden solicitar parcela os propietarios de terreos
emprazados no polígono 3
|
Poden solicitar parcelas os propietarios de terreos
emprazados en calquera polígono
|
Só se poderá solicitar 1 parcela de resultado para vivenda unifamiliar. Poderase ser
incrementado en 1 máis por cada descendente directo que estea inscrito no Rexistro de demandantes
de vivenda protexida. O número máximo total será de 3.
4.- VALORACIÓN DA PERMUTA:
Superficie a computar en parcelas de orixe, que poden ser obxecto de permuta:
- A superficie que figure na certificación da Dirección Xeral do Catastro.
- Non pode haber unha diferenza de superficie superior ao 10% entre a superficie da certificación
da Dirección Xeral do Catastro e a do título (rexistrado ou non).
Valoración:
1 m² de terreo de orixe permutarase por:
- 0,60 m² de edificabilidade en vivenda unifamiliar (Ordenanza 9P)
- 0,23 m² de edificabilidade na parcelas S2 de uso terciario (Ordenanza 11P)
- 0,25 m² de edificabilidade na parcela M-VIB-11(Ordenanza 11P)
- 0,57 m² no resto de parcelas (Ordenanzas 4P e 7P)
Os importes resultantes dos excesos ou defectos de edificabilidade serán abonados en metálico
por quen corresponda (permutante ou IGVS), no momento da formalización en escritura pública do
acordo de permuta. Estos importes non poderán ser superiores ao 50 % do valor da permuta.
5.- CONDICIÓNS DA PERMUTA
En función da superficie permutada e a superficie de edificabilidade que lles corresponda a
cambio, os propietarios de solo poden optar a:
Parcelas para vivenda unifamiliar
|
Rueiros completos para vivenda colectiva
|
Edificabilidade en parcelas adxudicadas en proindiviso
|
Poden optar todos os propietarios de polo menos 250 metros
cadrados de terreo
|
Poden optar os propietarios ou agrupacións de propietarios
que reúnan como mínimo o 80% da edificabilidade da parcela.
Deberán adquirir a porcentaxe que lles falte ata completar o
100% da edificabilidade.
|
Resto de propietarios.
O IGVS reservase o 20% da edificabilidade da parcela.
A parcela será vendida polo IGVS en concurso público.
Os propietarios cobrarán en metálico segundo a porcentaxe de
edificabilidade que posúan
|
Deberán cumprir os requisitos establecidos no punto 7
|
6.- DOCUMENTACIÓN NECESARIA QUE SE DEBERÁ ACOMPAÑAR COA PROPOSTA DE PERMUTA:
- Copia do DNI de todos os titulares.
- Copia auténtica do documento público xustificativo da titularidade.
- Certificación rexistral actualizada de cada unha das parcelas de orixe a permutar. No caso de
que non estea inscrita, aportarase certificación negativa do Rexistro da Propiedade.
- Declaración responsable da persoa propietaria de que non existen cargas, gravames nin dereitos
reais sobre a parcela ou parcelas de orixe.
- Certificación actualizada descritiva e gráfica da Dirección Xeral do Catastro de cada unha das
parcelas de orixe.
- Certificación acreditativa de atoparse ao corrente do pagamento do Imposto de Bens Inmobles e
de calquera outro tributo ao que este suxeito a parcela.
- Para o caso de que o titular da parcela/s de orixe solicite parcelas de resultado na ordenanza
9P para os seus descendentes directos, documentación acreditativa de dita relación de parentesco,
así como o compromiso de que as vivendas que se vaian a construír sexan destinadas a vivenda
protexida.
7.- OBRIGAS PARA AS PERSOAS PERMUTANTES ÁS QUE SE ADXUDIQUEN RUEIROS OU PARCELAS COMPLETAS
- Deberán solicitar a licenza de edificación no prazo de 1 ano, a contar dende a data de
materialización da permuta
- Deberán solicitar a correspondente cualificación como vivenda de promoción autonómica.
- Deberán iniciar a construción no prazo de 6 meses, a contar dende a obtención da licenza
municipal.
- Deberán realizar ao seu cargo a urbanización interior das parcelas.
- Deberan finalizar a construción no prazo máximo de 3 anos, a contar dende a obtención da
licenza municipal.
- Deberán solicitar ao IGVS a correspondente autorización para transmitir a edificabilidade, unha
vez asinado a correspondente escritura de permuta, ou no seu caso, a correspondente autorización,
no suposto de que quixeran promover vivendas protexidas, para as parcelas de resultado da ordenanza
9P
- Na ordenanza 7P e/ou 4P, deberán destinalas á construción de vivendas protexidas promovidas por
unha cooperativa de vivendas, polos propios adquirentes ou por calquera outro promotor que as
destine á venda ou alugueiro.
8.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Os propietarios de solo no ámbito da ampliación de San Paio de Navia poderán presentar as súas
ofertas ata o mércores 20 de xuño de 2018.
Máis información:
www.igvs.es
Teléfono 986 266 477