Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Radon » Conclusións

RADÓN

Conclusións

En caso de querer saber se a nosa vivenda está afectada por concentración de gas radon e, cando isto sexa así, coñecer o seu nivel de concentración e as medidas de mitigación ou corrección que deberiamos adoptar, recoméndase seguir os pasos que se mencionan a continuación:

  • Consultar, sempre a nivel orientativo, o Mapa de risco potencial de radon, do Consello de Seguridade Nuclear, e comprobar o nivel de radon asociado á zona na que se atopa a nosa vivenda.
  • Se a nosa vivenda está nunha zona de risco, é recomendable realizar unha medición para determinar os niveis de radon existentes mediante algún dos métodos de medición mencionados.
  • Unha vez obtido o resultado das medicións polo laboratorio, analizaranse as particularidades do edificio ou da vivenda e as posibles solucións en función dos niveis de concentración de radon detectados, para elixir a medida ou medidas de mitigación máis adecuadas en cada caso.
  • Unha vez aplicada a medida ou medidas de mitigación, recoméndase realizar medicións de comprobación para valorar a súa eficacia.

  A solución máis adecuada de mitigación que garanta o resultado esperado, virá sempre da man dun bo diagnóstico, un estudo rigoroso e a execución por profesionais especialistas.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.