Medidas diagnósticas previas á mitigación
A
aplicación de medidas de mitigación require dun bo diagnóstico previo e contar con expertos no
comportamento do radon no ambiente e dos materiais; Así como técnicos con coñecementos en
construción e instalacións de edificios, para poder establecer as medidas idóneas en cada
caso.
Ser capaces de reducir as concentracións de radon
Ser funcionais ao longo da vida útil do edificio
Tipos de medidas correctivas
Para eliminar a concentración de radon en vivendas existentes, tras analizar o resultado das
medicións e en función do estudo previo, da localización da vivenda e das características desta,
existen distintas medidas correctivas ou de mitigación. Non existe unha solución tipo e tampouco é
posible garantir a eficacia dunha técnica concreta pois, como se comenta anteriormente, entran en
xogo distintas variables, aínda que axudará ter a máxima información posible.
En xeral, os sistemas de mitigación deberán cumprir unha serie de requisitos:
-
Permitir un fácil control de funcionamento
-
Ser seguros e non crear tiro inverso
-
Ser silenciosos e discretos
-
En caso de tratarse de sistemas de despresurización pasiva do chan, permitir a instalación
dun ventilador adicional de maneira sinxela
-
Presentar custos reducidos de instalación, funcionamento e mantemento
A continuación, descríbense os distintos tipos de medidas correctivas:
Ventilación
A ventilación pódese aplicar no interior da vivenda ou, cando esta conte con forxado
sanitario, na cámara de aire existente baixo este. Pode ser, en ambos os casos, natural ou
forzada.
En función do tipo de espazo, a ventilación será diferente:
a) Ventilación no interior da vivenda
A ventilación interior da vivenda é unha técnica habitual cando existen baixas concentracións
de radon, aínda que o feito de ventilar abrindo xanelas non adoita ser suficiente para eliminar o
gas.
Tras varios estudis realizados chégase á conclusión de que sería necesario alcanzar taxas de
ventilación con valores comprendidos entre 2 e 5 renovacións por hora para conseguir un ambiente
saudable . Por iso, na maioría dos casos é necesario considerar a necesidade da instalación dun
sistema de ventilación forzada que consiga alcanzar estes caudais de forma constante.
A utilización da técnica de ventilación forzada supón un aumento da renovación do aire
interior para conseguir reducir os niveis de concentración do radon na vivenda. Isto pode levar
asociado o aumento do custo enerxético para manter as condicións de confort térmico da vivenda,
polo que se debe considerar o deseño desta técnica cun sistema de recuperador de calor, co obxecto
de elevar a temperatura do aire de impulsión que vén do exterior.
Tamén é importante ter en conta que, cando só se expulsa aire da vivenda ou se a entrada de
aire novo do exterior é insuficiente, pódese xerar unha depresión interior que pode aumentar a
succión do radon proveniente do terreo e producir un aumento dos niveis de concentración interior.
Por este motivo, é sumamente importante controlar a relación entre as taxas de fluxo de extracción
e inmisión, co obxecto de conseguir que a medida non produza o efecto contrario. É dicir, que se
cree unha succión do radon procedente do terreo ata o interior da vivenda.
b) Ventilación da cámara de aire en forxados sanitarios
Nestes casos, a cámara de aire do forxado sanitario funciona como un espazo de
contención/captación, debido a que a ventilación dos espazos comprendidos entre o terreo e o espazo
habitado consegue reducir considerablemente a concentración de radon por baixo da vivenda e, por
tanto, a redución das concentracións de gas no seu interior.
Cando a concentración de radon é moi elevada, a ventilación forzada pódese combinar cun
sistema de barreira, para conseguir deste xeito unha protección maior.
É unha medida útil cando non é viable unha despresurización activa ou nos casos nos que,
aínda que se recorra a esta técnica, non é suficiente á hora de reducir as concentracións de
radon.
Selado de gretas e fisuras
O selado de gretas nos chans e nas paredes de sotos ou plantas baixas adóitase utilizar como
un paso inicial para a mitigación, e isto sempre ha de ir acompañado doutra medida
complementaria.
O selado de gretas adóitase realizar con silicona acrílica, aínda que se poden usar outro
tipo de materiais, como seladores de poliuretano expansivo ou morteiros de cemento modificados con
polímeros, cando o tamaño das gretas sexa considerable.
Esta medida, aínda que é de sinxela aplicación, non debe ser utilizada como medida definitiva
ou única estratexia de prevención pola dificultade de conseguir un selado eficiente, ao non
resultar fácil atopar as posibles entradas (xuntas, fisuras, encontros…), pola durabilidade do
material de selado, polas dilatacións, por novas fisuras que se poidan xerar ao longo do tempo
etc.
Barreira de protección antirradon
A barreira de protección antirradon é unha medida pasiva que se basea na
colocación dunha lámina prefabricada ou na proxección dunha membrana continua sobre a totalidade
das superficies da vivenda en contacto co terreo. Pode empregarse como única estratexia de
prevención do radon ou en combinación con outras técnicas, como a despresurización activa do
chan.
As barreiras adoitan ser máis eficaces en climas tépedos, onde as diferenzas de presión
debidas á temperatura son pequenas.
As membranas han de cumprir unha serie de características para que resulten efectivas:
-
Impermeabilidade fronte ao paso do radon.
-
Estanquidade durante a posta en obra e cando se sometan a movementos diferenciais.
-
Altas resistencias mecánicas que eviten o punzonamento, o racho e a tracción, para deste
xeito evitar fisuras tanto durante a súa execución como durante a súa vida útil.
-
Altas elongacións para absorber dilatacións e evitar fisuras.
-
Compatibilidade química cos elementos soporte.
-
Execución coidadosa que garanta a súa integridade.
Ás veces, recórrese ao uso de feltros separadores para desligar a membrana do soporte e
absorber as irregularidades. Para iso, adóitanse engadir capas á membrana, o que aumenta o seu
espesor.
A incorporación de mallas aumenta a resistencia mecánica da membrana, mentres que as láminas
de aluminio entre as diferentes capas lle confiren unha maior resistencia ao paso do radon.
En liñas xerais, resulta bastante difícil conseguir a estanquidade das membranas. De feito,
se estas se perforan durante a súa colocación ou uso, poderíase conseguir un efecto contrario ao
desexado, recollendo o radon do terreo e filtrándoo na vivenda a través de calquera greta ou
abertura.
Despresurización natural do terreo
Os sistemas de extracción de radon desde o terreo baséanse na despresurización deste mediante
a extracción de aire desde a área onde se asenta o edificio. A súa función é crear unha vía de
escape do radon do terreo reducindo o fluxo que se poida filtrar no interior da vivenda.
Para realizar esta extracción será necesaria unha arqueta ou punto de captación no terreo
conectado a un conduto de evacuación cara ao exterior que funcione debido á diferenza de presións.
Cando as concentracións sexan excesivas e non resulte suficiente o tiro natural, será necesaria a
instalación dun extractor mecánico.
Cando a extracción se realice de forma natural sen o uso de extractores, a permeabilidade do
terreo é determinante no seu funcionamento. Os mellores resultados conséguense cando a
permeabilidade do terreo é alta, xa que isto favorece o desprazamento do radon entre os poros
deste, co que se alcanza o punto de captación.
Por tanto, o sistema de extracción natural estará formado por un ou máis puntos de captación
situados por baixo ou no lateral da vivenda e un conduto de evacuación.
Na execución desta medida de mitigación é sumamente importante que o tiro sexa suficiente.
Ademais, haberá que ter en conta que a menor número de puntos de captación será necesaria unha
maior potencia de extracción que garanta unha zona segura baixo a vivenda.
Cando o punto de captación estea situado no exterior, é necesario ter en conta o efecto
barreira que pode causar a cimentación perimetral, que podería comportar unha menor diminución dos
niveis de radón.
Despresurización activa do chan (DAC)
A despresurización activa do chan (DAC), tamén chamada extracción forzada, é a medida máis
indicada para vivendas existentes, debido a que achega unha gran fiabilidade e eficacia na redución
dos niveis de radon, sempre que a súa instalación sexa a correcta. Por ese motivo, é o método
utilizado na maioría dos países.
O seu funcionamento é similar aos sistemas de extracción natural, agás a incorporación dun
extractor para forzar o tiro de evacuación, co que se consegue unha succión maior e constante desde
o punto de captación.
O sistema de extracción forzada terá unhas características específicas en función da
tipoloxía da cimentación da vivenda (forxado sanitario, laxa de cimentación etc.).
Adóitanse utilizar extractores cunha potencia comprendida entre 50 e 100 W para un raio de 15
m desde o punto de captación, aínda que a potencia deste se calculará en función da permeabilidade
do terreo, a concentración de radon nel e o número de puntos de captación.
Cando a permeabilidade do terreo sexa baixa, será necesario instalar extractores con maior
potencia. Esta tamén deberá aumentar en función da concentración de radon. Ocorrerá o mesmo se a
superficie para cubrir é maior ou se se aumentan os puntos de captación.
Os sistemas de despresurización activa do chan adoitan estar compostos por
-
Un ou máis puntos de aspiración situados por baixo da soleira ou do forxado en contacto co
terreo ou ben no exterior da vivenda.
-
Un punto de saída, normalmente por encima da cuberta máis alta, co fin de evitar que o radon
volva entrar na vivenda.
-
Un ventilador en liña de funcionamento continuo, situado fóra e por encima do espazo
acondicionado da vivenda. O seu tamaño adoita ser maior ca os usados nas vivendas de nova
construción, debido a que estas últimas adoitan contar cunha capa permeable e un sistema de
selado.
-
Un manómetro de tubo en U que se colocará debaixo do ventilador e que actuará como indicador
do sistema, comprobando o seu correcto funcionamento.
-
Marcaxe do sistema en todos os niveis accesibles, para evitar a súa confusión coa rede de
tubaxes de auga.
Pódense utilizar distintos modelos de puntos de captación:
-
Oco no terreo, conectado a un tubo de evacuación que extraerá o radon. Evitaranse
desprendementos e posibles inundacións.
-
Arqueta de captación no sitio, con orificios nas paredes, xeralmente realizada con ladrillo
perforado colocado en sentido transversal. Similares ás das redes de saneamento, pero coa
superficie en contacto co terreo porosa.
-
Arqueta prefabricada especial para a captación de radon.
En canto á situación dos puntos de captación, deberán terse en conta as seguintes
indicacións:
-
Recoméndase colocar os puntos de captación de maneira que os seus raios de acción cubran a
totalidade da superficie en planta.
-
A cantidade de captadores e a súa colocación dependerá da permeabilidade do terreo, da
superficie da planta e da solución de tiro (natural ou forzado).
-
Un único extractor pode dar servizo a máis dun captador.
-
Cando a permeabilidade do terreo sexa alta, pode situarse o punto de captación enterrado no
exterior do edificio, o máis próximo posible a el. A extracción desde este pode chegar a abarcar
toda a planta, sen que teña que estar situado debaixo. Nestes casos, adóitase necesitar un
extractor de maior potencia. Resulta unha boa técnica para vivendas xa construídas.
As principais dificultades coas que nos podemos atopar son as seguintes:
-
Cando o material situado baixo a planta inferior é pouco permeable, a mobilidade do gas é
menor e, por tanto, pode resultar necesario redimensionar o extractor aumentando a súa potencia ou
engadir máis pozos de captación, para así aumentar a superficie baixo laxa sobre a que se aplica a
aspiración.
-
O selado das aberturas ou gretas entre o chan e o espazo habitado pode resultar
dificultoso.
-
Ás veces, resulta complicado atopar un trazado para os condutos de ventilación.
Presurización positiva
A presurización positiva no interior dunha vivenda pódese conseguir de dúas formas
diferentes: invertendo o funcionamento dun sistema de despresurización forzada do terreo ou
instalando un extractor con funcionamento inverso, de forma que impulse aire no interior da vivenda
en lugar de extraelo.
O primeiro método baséase no uso dun sistema de despresurización forzada, pero invertendo o
seu funcionamento. Desta maneira, o extractor que forma parte do sistema, en lugar de extraer o
radon existente baixo o terreo insufla o fluxo de aire no pozo ou na arqueta de captación, co que
se crea un bulbo de presións ao seu redor que obriga o radon a percorrer outros camiños para chegar
á atmosfera.
Mentres que o segundo método se basea na instalación dun extractor con funcionamento inverso,
normalmente colocado no espazo baixo cuberta, que provocará unha sobrepresión interior en lugar
dunha depresión, reducindo o fluxo de radon desde o terreo cara ao interior da vivenda e diluíndo o
gas que xa está no interior. Neste caso, é moi importante un bo mantemento dos filtros e manter as
xanelas e as portas pechadas para que resulte efectivo.
Técnicas de mitigación de radon en relación coa auga
Para reducir a concentración na subministración de auga potable existen diferentes técnicas,
como a aireación ou o uso de filtros de carbón activo granular, técnicas sinxelas e
eficaces:
-
Aireación: esta técnica pódese realizar de distintas maneiras, pódese facer burbullar o aire
a través da auga nun tanque pechado, pulverizar a auga no aire, ou ben deixar caer a auga en
fervenza sobre obstáculos. De calquera destas maneiras, o radon extráese da auga e sae ao
exterior.
-
Filtración por carbón activado: a eliminación do radon na auga potable pódese eliminar
mediante un filtro de carbón activo granular. A medida que a auga flúe a través deste filtro, os
químicos absórbense ou adhírense á superficie e dentro dos millóns de microporos dos gránulos do
carbón activado. Os filtros utilízanse sempre como parte dun sistema de extracción e tratamento
para limpar augas subterráneas, de pozo, de manancial, augas municipais etc.
O filtro de carbón activo consiste nun recipiente ou columna rechea de gránulos. A súa
estrutura e propiedades permítenlle absorber especificamente aqueles químicos perigosos que se
atopan na auga que se vaia tratar e, ademais dos refugallos radioactivos, pode eliminar certos
tipos de metais como chumbo, cadmio ou mercurio, sempre que estes metais pesados estean presentes
en pequenas cantidades. A redución mediante filtración por carbón activado granulado non é tan
custosa como o método anterior, pero conséguese unha menor redución de radón.
Mantemento das solucións
Durante a vida dos sistemas de mitigación ou corrección fronte ao radon, débese asegurar o
seu funcionamento, aumentar a súa fiabilidade e prolongar a súa duración. Por todo iso, hai que
realizar unha serie de operacións de mantemento.
Na táboa que se achega a continuación aparecen reflectidas as principais operacións de
mantemento que se deben realizar, así como a periodicidade coas que se deben levar a cabo.
Durante a vida dos sistemas de mitigación ou corrección fronte ao radon, débese
asegurar o seu funcionamento, aumentar a súa fiabilidade e prolongar a súa duración. Por todo iso,
hai que realizar unha serie de operacións de mantemento.
Na táboa que se achega a continuación aparecen reflectidas as principais operacións de
mantemento que se deben realizar, así como a periodicidade coas que se deben levar a cabo.
|
OPERACIÓN
|
PERIODICIDADE
|
Condutos
|
Limpeza
|
1
ano
|
Comprobación
da estanquidade aparente
|
5
anos
|
Aberturas
|
Limpeza
|
1
ano
|
Extractores
|
Limpeza
|
1
ano
|
Revisión
do estado de funcionalidade
|
5
anos
|
Filtros
|
Revisión
do estado
|
6
meses
|
Limpeza
ou substitución
|
1
ano
|
Sistemas de
control
|
Revisión
do estado dos automatismos
|
2
anos
|
Solucións en función da concentración de radon e da tipoloxía da vivenda
Na seguinte táboa, e de maneira orientativa, móstranse as solucións máis recomendables para
vivenda existentes en función da tipoloxía, dos niveis de concentración de radon, da viabilidade e
do custo da medida.