1. DESCRIPCIÓN E ÁMBITO DA ACTUACIÓN
A actuación que se pretende realizar consiste na mellora enerxética dos
edificios de vivendas de protección pública promovidos polo Instituto galego de Vivenda e Solo,
IGVS, mediante obras de mellora do illamento da envolvente (fachadas e/ou cubertas) e a redución
das pontes térmicas, mellora das carpinterías existentes e/ou mellora das instalacións térmicas co
obxecto de reducir o seu consumo enerxético e as emisións de carbono.
O ámbito de aplicación desta resolución comprende os edificios de vivendas e os conxuntos das
vivendas unifamiliares protexidas promovidas polo IGVS respecto a os cales, no momento da
presentación da solicitude de axuda, non transcurriran mais de vinte e cinco anos desde a data de
outorgamento da súa cualificación definitiva.
2. PROCEDEMENTO E XESTIÓN DA ACTUACIÓN
A actuación estará xestionada polo IGVS, a través de axudas ás comunidades de
propietarios do ámbito de aplicación co fin de fomentar a mellora enerxética destas vivendas.
A tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG) e no seu Regulamento, aprobado polo Decreto
11/2009, do 8 de xaneiro (en diante, RLSG). Así mesmo, axustarase á Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP); á Lei
40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (en diante, LRXSP).
Ademais, ao tratarse dunha resolución con aplicación de fondos da Unión Europea, será de
aplicación a normativa contida no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello,
do 17 de decembro, Regulamento (UE) 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, así como o Regulamento
(UE) 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en
crecemento e emprego e a orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro pola que se aproban as normas sobre
gastos subvencionables.
3. CONDICIÓNS ESPECÍFICAS E TIPOS DAS OBRAS
1. Considéranse actuacións subvencionables aquelas obras integrais de mellora de eficiencia
enerxética que supoñan a redución mínima da demanda enerxética en calefacción do edificio nun 20% e
a subida dunha letra na escala de cualificación enerxética en emisións de CO2, consistentes en
melloras do illamento térmico e/ou da carpintería da envolvente, que poderán ir acompañadas de
melloras nas instalacións térmicas, sempre que se axusten á normativa técnica aplicable vixente no
momento da súa execución.
2. Ditas actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención sempre,
que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria e non teñan
executado mais dun 60% do custo total dás obras.
3. Non serán subvencionables as actucións que teñan custos pagados con anterioridade ao 1 de
xaneiro do ano da correspondente convocatoria nin as que teñan pagos efectuados por un importe
superior ao 60% do custo da obra con anterioridade á data da solicitude.
As obras que se consideran son aquelas que, cumprindo as condicións anteriores, consistan en:
a) Illamento das fachadas
b) Mellora das carpinterías exteriores
c) Illamento de cubertas.
d) Mellora das instalacións térmicas.
4. CRITERIOS DE PRIORIZACIÓN DE OPERACIÓNS
Con obxecto de priorizar as operacións, en base aos resultados da auditoría
enerxética que terán que presentar os solicitantes das axudas para cada edificio, as solicitudes
valoraranse de acordo cos criterios que a continuación se sinalan:
a) Porcentaxe de redución da demanda de enerxía de calefacción do edificio, ata 4 puntos.
Calcularanse de maneira proporcional entre todas as solicitudes, obtendo 4 puntos as que
alcancen a porcentaxe máxima de redución respecto ás demais e obtendo 0 as actuacións que soamente
reduzan dita demanda nun 20% .
b) Mellora na escala de certificación enerxética global de emisións de CO2, ata 1 punto.
Obterán 1 punto as solicitudes cuxas actuacións melloren mais de dúas letras.
c) Número de vivendas do edificio ou do conxunto.
Aos valores obtidos nos apartados anteriores sumaranse o valor “c”, que se calculará de
acordo coa seguinte fórmula: “c”= nº vivendas/100.
5. ORZAMENTO ESTIMADO DA ACTUACIÓN
Dada a incerteza do número de solicitudes de axudas que se poden presentar,
farase unha primeira convocatoria de soamente 2.500.000 euros. En función das solicitudes
presentadas nesta primeira convocatoria planificaranse novas convocatorias anuais ata un total de
7.000.000,00 de euros de financiamento.
6. FINANCIAMENTO
As operacións desta actuación financiaranse no marco do Programa Operativo FEDER
Galicia 2014-2020, a taxa de cofinanciamento Feder desta actuación será do 80%, computando como
cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das beneficiarias polo 20% restante.
7. INDICADORES DAS OPERACIÓNS
Os indicadores previstos no programa operativo FEDER 2014-2020 para esta
actuación son:
- O indicador de produtividade asociado a esta operación é C031, número de fogares con menor
consumo enerxético, sendo a súa unidade de valor “fogares” .
- O indicador de resultado é o R04X3, consumo final de enerxía en edificios e vivendas
públicas, sendo a unidade de medida as toneladas equivalentes de petróleo e a súa unidade de valor
de referencia Ktep