Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Solo » Expropiacións finalizadas

Expropiacións

 

En virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo , este organismo goza de postestade expropiatoaria, actuado como Administración expropiante en beneficio do citado organismo ou para outras entidades públicas que se dediquen a actuacións de solo empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os proxectos de expropiación deben ser sometidos a información pública para que aquelas persoas que poida resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.