Nota explicativa relativa á presentación da xustificación das axudas dos programas do bono
alugueiro social e do bono alugueiro para vítimas de violencia de xénero.
En virtude do establecido no punto sexto da Resolución do 21 de marzo de 2020, da Secretaría
Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá
publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020. (Diario
Oficial de Galicia, núm. 56, do domingo 22 de marzo de 2020), e de conformidade co Acordo do
Consello da Xunta do día 27 de marzo, infórmase do seguinte:
As persoas beneficiarias das axudas dos Programas do Bono alugueiro social e do
Bono alugueiro para vítimas de violencia de xénero
non teñen que realizar ningún pago no mes de ABRIL ás persoas arrendadoras (propietarias
das vivendas). A Xunta de Galicia pagará íntegramente o importe da renda de alugueiro durante o mes
de abril e, en consecuencia, quedan eximidos da obriga de presentar o recibo correpondente ao
citado mes.