Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Axudas Alugamento

ALERTAS-COVID 19

Nota explicativa para as persoas beneficiarias das axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal 2018-2021. Convocatoria ano 2018.


Debido á situación excepcional de estado de alarma e para facilitar a presentación dos xustificantes bancarios acreditativos do pagamento mensual da renda de alugueiro, deberán enviar os xustificantes aos seguintes correos electrónicos segundo a provincia onde reside, sen prexuízo de que unha vez finalizada a situación excepcional do estado de alarma acheguen, a través dun rexistro público, os citados xustificantes.

Así mesmo infórmase de que a presentación de recibos a través da sede electrónica está operativa.

PROVINCIA

ENDEREZO DE CORREO ELECTRÓNICO
 A Coruña   alugacoruna@xunta.gal
 Lugo   igvs.lugo@xunta.gal
 Ourense   igvs.ourense@xunta.gal
 Pontevedra   subvencions.igvs.po@xunta.gal
 

 

 

 

 

 

 

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.