Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Axudas a particulares e propietarios de comunidades » Actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE)

REHABILITACIÓN

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE)

 

SUBVENCIÓN
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE)
CÓDIGO PROCEDEMENTO
VI406C
PUBLICACIÓN
DOG núm. 225, do 06/11/2020. R esolución do 4 de novembro de 2020, pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes , con carácter plurianual (código de procedemento VI 406C)
BASES REGULADORAS
BOE núm. 212, do 6/08/2020. Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, polo que se regula o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes e se regula a concesión directa das axudas deste programa ás Comunidades Autónomas e Cidades de Ceuta e Melilla.
OBXECTO
Contribuír a acadar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables.
PROCEDEMENTO
Concorrencia non competitiva; as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación que debe acompañar á solicitude.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
DENDE O 02/01/2021 ATA O 31/072020.
TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS
Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.
Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria
2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica
2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica
2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas
2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3
2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
 
OPCIÓNS SEGUNDO O TIPO DO INMOBLE
Opción A – Actuacións en edificios completos que teñan o uso de vivenda unifamiliar ou edificios de tipoloxía residencial colectiva.
Opción B – Actuacións nunha ou varias vivendas ou locais do edificio, consideradas individualmente ou sobre partes dun edificio
PRESENTACIÓN CON OBRAS INICIADAS
So se admitirán actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda, non considerándose subvencionable ningún custo relativo á execución da actuación que teña sido facturado con anterioridade, sen prexuízo do custo correspondente as actuacións preparatorias que sexan necesarios para presentar a solicitude, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, etc, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando tiveran sido facturados con anterioridade e sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se tiveran iniciado con posterioridade ao 7 de agosto de 2020.
REQUISITOS
- Non serán elixibles aquelas actuacións que non consigan exustifiquen unha redución do consumo de enerxía final dun 10 % con respecto á súa situación de partida e que non melloren a cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2 /m 2 ano), con respecto á cualificación enerxética inicial do edificio. Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A e se propoñan medidas de mellora.
Esta mellora da súa cualificación enerxética poderá obterse mediante a realización dunha tipoloxía de actuación, dunha combinación de varias ou mediante a realización de medidas parciais dunha ou de varias actuacións diferentes.
- Ademais deberán cumprirse os seguintes requisitos:
a) Que o edificio fora construído con anterioridade a 2007.
b) Que polo menos un 70% da superficie construída sobre rasante do edificio debe estar destinada a uso residencial.
PRAZO DE EXECUCIÓN
O prazo máximo para a conclusión das actuacións será de 18 meses , a contar desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda, podendo autorizarse, por razóns xustificadas, ampliacións de prazos para a execución da actuación, que non superen no seu cómputo total os 24 meses .
SOLICITANTES
a) As persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias o as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme ao disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non houberan outorgado o título constitutivo de Propiedade Horizontal.
CONTÍA DAS AXUDAS. LÍMITE MÁXIMO POR % DA INVERSIÓN
TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS
AXUDA BASE
AXUDA ADICIONAL
Opción A
Opción B
% adicional criterios sociais ( * )
% adicional: eficiencia enerxética
% adicional actuación integrada
Cualificación final A
Cualificación final B
Incremento de 2 ou mais letras
Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica
Tipoloxía 1 . Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica
35% Máximo 6.000 € vivenda
25% Máximo 6.000 € vivenda
15
15
10
5
20
Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas Subtipoloxías
Subtipoloxía 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía térmica
35%
25%
10
10
5
0
15
Subtipoloxía 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica
10
0
0
0
15
Subtipoloxía 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas
10
0
0
0
10
Subtipoloxía 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3
0
10
5
0
0
Subtipoloxía 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas
0
10
5
0
0
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
15
15
0
10
5
0
0
Nota
(*) A porcentaxe da axuda adicional por criterios sociais s ó contempla os supostos de inclusión da edificación no ámbito dunha ARRU ou de que se trate dunha edificación cualificada definitivamente baixo algún réxime de protección pública.
Cálculo da contía da axuda
Para o cálculo da axuda correspondente a cada tipoloxía da actuación, que debe sinalarse no anexo I de solicitude, pode consultarse o seguinte enlace http://pree-calculo.idae.es/
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE
  • 1.Anexo 1 de solicitude
  • 2. Documento que acredite a representación, no caso de haber representante
  • 3. Escritura pública, certificado ounota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble, no caso de que a solicitante sexa unha persoa físicaouunha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais.
  • 4.Informe xustificativo asinado pola persoa solicitante no que se indicarán as tipoloxías de actuación nas que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custoelixibleea contía máxima da axuda solicitada.
  • 5. Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado trala reforma proposta para a que se solicita a axuda, segundoo Real decreto 235/2013, do 5 de abril, demostrando que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO 2 /m 2 ano), con respecto á cualificación enertica inicial do edificio e unha redución do consumo de enerxía final dun 10% con respecto á súa situación de partida, exclusivamente coas medidas para as que solicita axuda. O certificado deberá estarasinado por técnico/a competente, non sendo necesario que este certificado de eficiencia enerxética estea inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de E dificios de Galicia
  • 6 . P roxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións a realizar e a situación de partida, subscrita por técnico/ a competente ou instalador, de ser o caso. No proxecto ou memoria técnica xustificar ase o cumprimento das exixencias básicas do Documento Básico do Aforro de E ner x ía DB-HE d o Código Técnico da Edificación que se x a de aplicación á tipolo x ía para a que se solicita a a x uda .
  • 7. Presuposto da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desglosado, de data posterior ao 7 708/2020.
  • 8.Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, de ser o caso.
  • 9. Anexo I I ,de comprobación de datos das persoas participes nas obras e interesadas na subvención (deben presentarse tantos anexos II como vivendas participes e interesadas na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV)
  • 10. Anexo II I , de certificado do/s acordo/s da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme ao disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de nomeamento do presidente, do administrador e/ou secretario da comunidade de propietarios, de aprobación da realización das obras necesarias para a rehabilitación enerxética de edificio existente, de solicitar a axuda deste programa e de facultar ao presidente como representante para realizar a tramitación da axuda, e da relación das persoas propietarias participes nas obras, con indicación das súas correspondentes cotas de participación nelas e o número total de vivendas que integran o edificio.
  • 11. Anexo IV, de certificado do acordo da agrupación de persoas físicas propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil e non tiveran outorgado o título de constitutivo de propiedade horizontal, onde se aprobou a creación da agrupación, se acordou a execución das obras, se nomeou a un representante para a presentación, seguimento da solicitude das axudas e cumprimento das obrigas que como persoas copropietarias lles puidera corresponder e que constará como solicitante da axuda, debendo especificar a relación das persoas propietarias participes nas obras, con indicación das súas correspondentes cotas de participación.
  • NOTA IMPORTANTE . As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados cos números 4, 5, 6,9,10 e 11 (resaltados en amarelo ), serán automaticamente inadmitidas.
FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Presentación electrónica obrigatoria para todos os solicitantes.
INFORMACIÓN
  • 012
  • AREA PROVINCIAL IGVS A CORUÑA ..,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,....981181413
  • AREA PROVINCIAL IGVS LUGO......................................................982294602
  • AREA PROVINCIAL IGVS OURENSE.................................................988386269
  • AREA PROVINCIAL IGVS PONTEVEDRA.........................................986805610-986805611
  • SERVIZOS CENTRAIS IGVS...............................................................981541981-981541982-981957529
CONSULTAS
rehabilitacion. igvs@xunta.gal ............... cuestións administrativas
calidade.igvs@xunta.gal..........................cuestións técnicas

 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.

Áreas de Rehabilitación Integral(ARI)

A rehabilitación dos contornos urbanos plásmanse na creación das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) que son a chave para a rehabilitación de espazos urbanos degradados a través de programas orientados á súa conservación, recuperación e mellora de calidade de vida dos seus habitantes.