O Instituto Galego da Vivenda e Solo asinou un convenio co Consello da
Avogacía Galega para procurar que persoas en situación de desamparo non perdan a súa vivenda
habitual ou, no seu caso, poidan acollerse aos programas existentes en materia de acceso á vivenda,
así como para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que
sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións.
Como froito dese convenio, póñense a disposición da cidadanía dúas
vías para solicitar o servizo de asesoramento gratuíto:
Un formulario web. As consultas realizadas serán respondidas polo
letrado/a de garda dentro das 48 horas seguintes ao envío da consulta.
O teléfono 900 121 221. O horario de atención será de luns a venres,
en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 14:00 horas.
Este convenio estará vixente ata o 31 de decembro do 2022.