Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Informe de Avaliación de edificios » REGIAE - Concellos

REGIAE - Rexistro de Avaliación de Edificios

O pasado 20 de abril publicouse no DOG o Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o rexistro galego de informes de avaliación dos edificios, que entra en vigor o 20 de maio. O informe de avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, avalía a súa accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética.

De acordo con este decreto as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de 50 anos, teñen un ano para presentar o informe de avaliación no concello correspondente. 

O concello, mediante normativa municipal, poderá ampliar a obriga de realización de este informe a edificios de usos diferentes ao residencial ou edificios cunha antigüidade menor, así como establecer un contido maior do IAE. Ademais, como como órgano competente, deberá realizar a inscrición dos informes presentados, no rexistro de informes de avaliación dos edificios. 

O IGVS elaborou unha ferramenta informática, o REGIAE, que ten unha área privada para que os concellos inscriban os informes presentados, que dispón dun módulo de explotación de datos para a xeración de informes e/ou listaxes e tamén incluirá un sistema de alertas relacionadas coas medidas de seguridade inmediatas ou actuacións necesarias para o interese dos concellos.

Para o acceso a área privada desta ferramenta cada Concello deberá indicar os datos da persoa que será o usuario administrador para activar o acceso privado desta aplicación. Esa persoa, usuaria administradora, será única por concello e unha vez dada de alta, poderá rexistrar na aplicación ao resto das usuarias (perfís técnicos e administrativos) para traballar coa aplicación.


Os datos que nos deben comunicar ao correo  calidade.igvs@xunta.gal son:
- Usuario de Eido Local ( é necesario ter usuario de Eido Local )
- Nome
- Apelido1
- Apelido 2
- Correo electrónico
- Provincia e Concello
- Teléfono (opcional)
- Móbil (opcional)
- Fax (opcional)

* Para darse de alta na área privada desta aplicación as persoas teñen que ter usuario de Eido Local

Documentos relacionados

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas

Ligazóns relacionadas

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.