Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Axudas a particulares e propietarios de comunidades » Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes PREE5000

REHABILITACIÓN

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes (PREE5000)

 

SUBVENCIÓN

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )

CÓDIGO PROCEDEMENTO

VI406D

PUBLICACIÓN

DOG núm. 212 do 04/11/ 20 21. RESOLUCIÓN d o 26 de outubro de 202 1 po l a que se convoca o Programa de a x udas para actuaci ó ns de rehabilitación ener x ética en edif i cios existentes en municipios de reto demográfico, inclu í do no Programa de re x eneración e reto demográfico d o Plan de rehabilitación e re x eneración urbana d o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, (Programa PREE 5000) , para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de proced e m e nto V I 406D ).

BASES REGULADORAS

BOE núm. 185, do 4/08/2021. Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas.

OBXECTO

C ontribu í r a alcanzar os ob x e c tivos medioambienta i s e ener x éticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edif i cios existentes, con independencia d o s e u uso e da natureza xurídica do s s e us titulares, que favorezan a redución d o consumo de ener x ía f in al e das emisi ó ns de dióxido de carbono, mediante o a f orro ener x ético, a me ll ora da ef i ciencia enerxética e o aprovei tam ento das ener x ías renovables, contribu í ndo a conseguir así os ob x e c tivos de redución d o consumo de enerxía f in al.

PROCEDEMENTO

Concorrencia non competitiva; as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación que debe acompañar á solicitude.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DE NDE O 0 3 /01/202 2 ATA O 3 0 /0 9/ 202 2 .

TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS

Tipolo x ía 1. Me llo ra da eficiencia ener x ética da envolvente térmica.

Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria

2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica

2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica

2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas

2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3

2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas

Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

 

OPCIÓNS SEGUNDO O TIPO DO INMOBLE

Opción A – Actuacións en edificios completos que teñan o uso de vivenda unifamiliar ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda .

Opción B – Actuacións en vivendas d un edificio de tipolo x ía residencial colectiva de vivenda , consideradas individualmente.

PRESENTACIÓN CON OBRAS INICIADAS

S ó admitir a n se actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda , non considerándose elixible ningún custo relativo á execución da actuación que teña sido facturado con anterioridade, sen prexuízo do custo correspondente as actuacións preparatoria s que sexan necesarios para presentar a solicitude, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, etc, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando tiveran sido facturados con anterioridade e sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se tiveran iniciado con posterioridade ao 5 de agosto de 2021.

REQUISITOS

- Deberán realizarse en edificaci ó ns existentes constru í das con anterioridad e a o a n o 2007.

- No caso de e dif i cios de tipolo x ía residencial colectiva de vivenda, polo menos un 70 % da superf i cie constru í da sobre rasante d o edif i cio debe es t a r destinada a uso residencial.

- As actuacións deberán conseguir as dúas s e guintes condici ó ns: U n h a redución d o consumo de enerxía primaria no n renovable d o 30% respecto á situación actual d o edificio e a mellora d a c u alif i cación enerxética total d o edif i cio en, polo menos, un h a letra medida na escala de emisi ó ns de dióxido de carbono (kg CO2/m2 año). Este último criterio no n será de aplicación cando o edif i cio acredite ter un h a c u alif i cación enerxética A. Para a obtención das condici ó ns anteriores pod e r a n se combina r as actuacións que se va i an realizar , no n sendo necesario o s e u cump r imento por cada actuación individualmente.

PRAZO DE EXECUCIÓN

O prazo máximo para a conclusión das actuacións será de 18 meses, a contar desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda, podendo autorizarse, por razóns xustificadas, ampliacións de prazos para a execución da actuación, que non superen no seu cómputo total os 24 meses.

SOLICITANTES

a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.

b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme co disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

CONTÍA DAS AXUDAS. LÍMITE MÁXIMO POR % DO INVESTIMENTO

TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS

AXUDA BASE

AXUDA ADICIONAL

Opción A

Opción B

% adicional criterios sociais ( * )

% adicional: eficiencia enerxética

% adicional actuación integrada

Cualificación final A

Cualificación final B

Incremento de 2 ou máis letras

Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica

Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica

50%

40%

15%

15%

10%

5%

25%

Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas. Subtipoloxías

Subtipoloxía 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía térmica

40%

30%

10

10

5

0

20

Subtipoloxía 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica

10

0

0

0

20

Subtipoloxía 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas

10

0

0

0

15

Subtipoloxía 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3

0

10

5

0

5

Subtipoloxía 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas

0

10

5

0

5

Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

20

20

0

10

5

0

5

Nota

(*) A porcentaxe da axuda adicional por criterios sociais só contempla os supostos de inclusión da edificación no ámbito dunha ARRU ou de que se trate dunha edificación cualificada definitivamente baixo algún réxime de protección pública.

Listado de concellos de reto demográfico

https://www.idae.es/ayudas-y-financiacion/para-la-rehabilitacion-de-edificios/programa-pree-5000-rehabilitacion/municipios-de-reto-demografico

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE

  • 1. Anexo I de solicitude

  • 2. Documento que acredite a representación, no caso de haber representante.

  • 3. Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física, unha persoa xurídica de natureza privada ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais.

  • 4. Informe xustificativo asinado pola persoa o entidade solicitante, que no caso dunha comunidade de persoas propietarias será o/a presidente/a, no que se indicarán as tipoloxías de actuación nas que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible e a contía máxima da axuda solicitada.

  • 5. Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado trala reforma proposta e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por técnico/a competente, que demostre que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, una letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 año) e se consigue un aforro mínimo de enerxía primaria non renovable do 30% con respecto ao certificado da eficiencia enerxética do edificio actual inscrito no RGEEE. Para a elaboración deste certificado terase en conta o especificado no apartado 2.b) do punto 1 do Anexo IV do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Con este certificado achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.

  • 6. Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións a realizar e a situación de partida, subscrita por técnico/a competente ou instalador, no seu caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do Documento Básico do Aforro de enerxía DB-HE do Código técnico da edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a que se solicita a axuda.

O proxecto ou memoria técnica incluirá un Estudo de xestión de Residuos onde se xustifique o cumprimento do apartado 11 letra c) do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, asinado por técnico competente, ou no seu defecto, declaración responsable asinada polo representante do beneficiario no que se compromete a cumprir e achegar toda a documentación necesaria para xustificar o cumprimento do indicado no apartado 11 letra c) do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Xustificarase que as actuacións previstas non causarán un prexuízo significativo ao medio ambiente ou, no seu caso, as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir cos criterios da «Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente», publicada polo Ministerio para a Transición e o Reto Demográfico.

  • 7. Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desglosado, de data posterior ao 5 de agosto de 2021. No suposto de que o importe correspondente aos custes elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros para obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme cos criterios de eficiencia e economía, debendo xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

  • 8. Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, no seu caso.

  • 9. Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente» no sentido establecido no apartado 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

  • 10. Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación na que se van levar a cabo as actuacións subvencionables.

  • 11. Anexo II, para o caso da opción A de edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, de comprobación de datos das persoas e entidades partícipes nas obras e interesadas na subvención (deben presentarse tantos anexos II como vivendas e locais partícipes e interesados na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV).

  • 12. Anexo III, de certificado do/s acordo/s da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme co disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de nomeamento do presidente, do administrador e/ou secretario da comunidade de propietarios, de aprobación da realización das obras necesarias para a rehabilitación enerxética de edificio existente, de solicitar a axuda deste programa e de facultar ao presidente como representante para realizar a tramitación da axuda, e da relación das persoas propietarias comuneiras, con indicación dos seus correspondentes cotas de participación e o número total de vivendas que integran o edificio, así como cales delas participan nas obras.

  • 13. Anexo IV, de certificado do acordo da agrupación de persoas físicas, de persoas xurídicas de natureza privada ou de persoas físicas e de persoas xurídicas de natureza privada, propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non tiveran outorgado o título de constitutivo de propiedade horizontal, onde se aprobou a creación da agrupación, se acordou a execución das obras, se nomeou a un representante para a presentación, seguimento da solicitude das axudas e cumprimento das obrigas que como persoas copropietarias lles puidera corresponder e que constará para os efectos deste programa ben como solicitante da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas ou de persoas xurídicas) ben como encargado de efectuar e xustificar o investimento obxecto da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas e persoas xurídicas), debendo especificar a relación das persoas copropietarias, con indicación das súas correspondentes cotas de participación na propiedade do edificio, así como cales delas participan nas obras.

  • NOTA IMPORTANTE. As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados cos números 4, 5, 6, 11, 12 e 13 (resaltados en amarelo), serán automaticamente inadmitidas.

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Presentación electrónica obrigatoria para todos os solicitantes.

INFORMACIÓN

  • 012

  • SERVIZOS CENTRAIS IGVS..................................................981541981-981957529

CONSULTAS

programapree.igvs@xunta.gal ............... cuestións administrativas

calidade.igvs@xunta.gal.............… ...... cuestións técnicas

 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.

Áreas de Rehabilitación Integral(ARI)

A rehabilitación dos contornos urbanos plásmanse na creación das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) que son a chave para a rehabilitación de espazos urbanos degradados a través de programas orientados á súa conservación, recuperación e mellora de calidade de vida dos seus habitantes.