Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Axudas anunciadas polo Goberno

ALERTAS-COVID 19

AXudas anunciadas polo Goberno


As medidas de axudas para o alugueiro aprobadas polo Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, están pendentes das seguintes actuacións:

  • Liña de avais para a cobertura por conta do Estado do financiamento a arrendatarios en situación de vulnerabilidade social e económica como consecuencia da expansión do COVID-19: pendente de que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urban comunique o acordo co Instituto de Crédito Oficial e as condicións.
  • Novo programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual: pendente de que se dite unha orde polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana  

 

 

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.