Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Guía de medidas en materia de vivenda habitual

ALERTAS-COVID 19

GUÍA DE MEDIDAS EN MATERIA DE VIVENDA HABITUAL ADOPTADAS COMO CONSECUENCIADA CRISE SANITARIA POR COVID-19. Incluídas no RDL 11/2020 e na Orde TMA/336/2020

PRÓRROGA DO CONTRATO DE ALUGAMENTO

Requisitos

A prórroga é aplicable a contratos de arrendamento da vivenda habitual que rematen entre o 2 de abril de 2020 e o día en que se cumpran dous meses dende a finalización do estado de alarma

Duración

Ata seis meses

Condicións

Durante esta prórroga extraordinaria seguirán aplicándose os termos e condicións establecidos para o contrato en vigor, salvo que se fixen outros termos ou condicións por acordo entre as partes.


APRAZAMENTO DO PAGO DA RENDA DE ALUGUEIRO OU REDUCCIÓN DO IMPORTE

Para a vivenda habitual pódese solicitar unha moratoria que consistirá no aprazamento temporal e extraordinario no pago de da renda ou na redución do importe da mesma.

Requisitos

O inquilino ten que cumprir os dous requisitos seguintes:

1) Que o obrigado a pagar o alugueiro, como consecuencia do Covid-19, pase a estar en situación de:

  • Desemprego
  • Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE)
  • Xornada reducida por motivo de coidados, no caso de ser empresario, ou outras circunstancias similares.

Sempre que a nova situación supoña a perda substancial de ingresos de maneira que o conxunto dos ingresos da unidade familiar, no mes anterior á solicitude da moratoria, sexan inferiores a:

 
Número de veces o IPREM
Con carácter xeral
3

 

Este límite incrementarase nos seguintes supostos:

 
Número de veces o IPREM
Incremento
Unidades familiares con fillos
3
0,10 por fillo a cargo
 
Unidades familiares monoparentais con fillos
3
0,15 por fillo a cargo
Unidades familiares con maiores de 65 anos
 
0,10 por maior de 65 anos
Unidades familiares con discapacitados nos supostos establecidos no Real Decreto
4
0,10 por fillo a cargo ou
0,15 por fillo a cargo no caso de familias monoparentais
Que o obrigado ao pago do alugueiro teña algunha discapacidade incluída nos supostos establecidos no Real Decreto
5
-

 

2) Que o prezo do alugueiro máis os gastos e subministros básicos resulten superiores ou iguais ao 35 por cento dos ingresos netos do conxunto de membros da unidade familiar.

Gastos e subministros básicos: electricidade, gas, gasóleo para calefacción, auga corrente, servizos de telecomunicación fixa e móbil, contribucións á comunidade de propietarios. Sempre correspondentes á vivenda habitual e que corresponda pagar ao arrendatario.

Solicitude

A solicitude de aprazamento do pago do alugueiro debe presentarse ao propietario da vivenda ata o 2 de maio de 2020.

Resposta á solicitude

O propietario da vivenda deberá responder á solicitude no prazo máximo de sete días.

  • Se o propietario da vivenda é unha persoa física ou xurídica propietaria de máis de dez vivendas ou unha empresa ou entidade pública de vivenda, a aplicación da moratoria é automática. No prazo de sete días o propietario terá que comunicar cal das dúas opcións seguintes escolle:
    • Redución do 50% do alugueiro.

Aplicarase durante o tempo que dure o estado de alarma decretado e, se o prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade, nas mensualidades seguintes.

O tempo máximo será de catro meses.

  • Aprazamento do pago do alugueiro durante o tempo que dure o estado de alarma decretado e, se o prazo fose insuficiente en relación coa situación de vulnerabilidade, nas mensualidades seguintes.

O tempo máximo será de catro meses.

As mensualidade aprazadas pagaranse, fraccionadas, durante un período de polo menos tres años, a partir del momento en que se levante o estado de alarma ou do remate do prazo de catro meses antes citado, sempre dentro da vixencia do contrato de arrendamento e as súas prórrogas.

Non se aplicarán penalizacións nin xuros.

  • Se o propietario da vivenda non está incluído no grupo anterior, deberá comunicar ao inquilino, no prazo de sete días, as condicións de aprazamento ou de fraccionamento aprazado da débeda ou as posibles alternativas que propón en relación coas mesmas.

No caso de que o propietario non acepte ningún acordo sobre o aprazamento do pago, o inquilino poderá beneficiarse das axudas de financiamento se cumpre os requisitos.

Documentación necesaria

  • Desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións. Debe constar a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • Cese de actividade dos traballadores por conta propia: certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración de cese de actividade realizada polo interesado.
  • Número de persoas que habitan na vivenda habitual:
    • Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
    • Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
    • Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar una actividade laboral.
  • Titularidade dos bens: nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar. A nota simple pode solicitarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro da Propiedade onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da mesma poboación. Máis información en www.registradores.org
  • Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo o real decreto-lei. No caso de que o solicitante da moratoria non poida aportar algún dos documentos indicados poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación dos motivos, relacionados coas consecuencias da crisis do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo de un mes para achegar os documentos que no tivera facilitado.

     

AXUDA TRANSITORIA DE FINANCIAMENTO

 Regulada pola Orden TMA/378/2020, de 30 de abril, publicada no Boletín Oficial do Estado do 1/05/2020. Tamén se pode atopar información na web do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Préstamo

A axuda consiste nun préstamo, concedido por unha entidade financeira, para o pago do alugueiro.

Destinatarios

Os inquilinos que se atopen en situación de vulnerabilidade sobrevida como consecuencia da expansión do COVID-19

Importe

Como máximo o importe de seis meses de alugueiro

Xuros

Non haberá xuros nin gastos de ningún tipo

Prazo

O prazo para a devolución do préstamos será ata de seis anos.

Aval

Os préstamos terán o aval do Estado.


AXUDAS AO ALUGUEIRO

O Real Decreto prevé axudas ao alugueiro para arrendatarios de vivenda habitual que, como consecuencia do COVID-19, teñan problemas transitorios para atender ao pago parcial ou total do alugueiro e encaixen nos supostos de vulnerabilidade económica e social que se determinen.

A Orde TMA/336/2020, de 9 de abril (BOE 11/4/2020), establece estas axudas, que deberán ser convocadas polas comunidades autónomas.

Destinatarios

Persoas físicas, arrendatarias de vivenda habitual, que acrediten estar en situación de vulnerabilidade económica e social sobrevida a consecuencia do COVID-19.

Importe

Ata o 100 por cento da renda, co límite que se determine.

Prazo

Ata seis meses

Convocatoria

Corresponde ás comunidades autónomas realizar a convocatoria.


MORATORIA SOBRE PRÉSTAMOS HIPOTECARIOS


Que é

Consiste na suspensión do pago das cotas hipotecarias

Duración

Ata seis meses

Condicións

Non se aplican xuros

Beneficiarios

Titulares de préstamos ou créditos hipotecarios destinados á adquisición de:

  • A vivenda habitual.
  • Inmobles destinados a unha actividade económica de empresarios e profesionais persoas físicas.
  • Vivenda destinada ao arrendamento sempre que o propietario deixe de percibir o alugueiro ata un mes despois de finalizar o estado de alarma. O propietario ten que ser persoa física e titular da hipoteca.

Requisitos dos beneficiarios

Os beneficiarios deben cumprir todos os requisitos seguintes:

  • Pasar a estar en situación de desemprego o sufrir unha redución de polo menos o 40 % dos ingresos ou a facturación no caso de actividades empresariais e profesionais
  • Durante o mes anterior á solicitude da moratoria, os ingresos da unidade familiar non poden exceder o límite de 3 veces o IPREM, ampliables en determinados supostos
  • Que o total das cotas hipotecarias máis os gastos en subministros de gas, luz, calefacción, auga, telecomunicacións e comunidade de propietarios resulte igual ou superior ao 35 % dos ingresos netos da unidade familiar solicitante.
  • Que como consecuencia da emerxencia sanitaria, se producira un incremento na carga hipotecaria total respecto dos ingresos familiares de polo menos un 30 %. É dicir, que a relación entre débeda hipotecaria e ingresos familiares se multiplicara polo menos 1,3 veces.

 

INGRESOS
 
Número de veces o IPREM
Incremento
Unidades familiares con fillos
3
0,10 por fillo a cargo
 
Unidades familiares monoparentais con fillos
3
0,15 por fillo a cargo
Unidades familiares con maiores de 65 anos
 
0,10 por maior de 65 anos
Unidades familiares con discapacitados nos supostos establecidos no Real Decreto
4
0,10 por fillo a cargo ou
0,15 por fillo a cargo no caso de familias monoparentais
Unidades familiares con discapacitados nos supostos establecidos no Real Decreto
5
 

 

Prazo de solicitude

Ata 15 días despois do mes seguinte á finalización do estado de alarma

Gastos

Os gastos son por conta da entidade prestamista.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.