Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Compensación a personas propietarias y arrendadoras

ALERTAS-COVID 19

Compensación a persoas propietarias e arrendadoras

 

 

Compensación a persoas propietarias e arrendadoras ás que se refiren os artigos 1 e 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19

NORMATIVA

Real decreto-lei 16/2021, do 3 de agosto, polo que se adoptan medidas de protección social para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social e económica.

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2021-13259

Real decreto 401/2021, do 8 de xuño, polo que se aproban as medidas necesarias para que as comunidades autónomas poidan empregar os recursos do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, a fin de facer fronte ás compensacións que procedan, e polo que se establece o procedemento para o recoñecemento da compensación aos propietarios e arrendadores a que se refiren os artigos 1 e 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2021-9560

Real decreto-lei 37/2020, do 22 de decembro, de medidas urxentes para facer fronte ás situacións de vulnerabilidade social e económica no ámbito da vivenda e en materia de tranportes.

BOE.es - BOE-A-2020-16824 Real Decreto-ley 37/2020, de 22 de diciembre, de medidas urgentes para hacer frente a las situaciones de vulnerabilidad social y económica en el ámbito de la vivienda y en materia de transportes.

Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2020-4208

OBXECTO

Establecer as medidas necesarias para que as comunidades autónomas empreguen os fondos do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 para facer fronte ás compensacións previstas nos artigos 1 e 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, así como establecer o procedemento que se seguirá para a presentación, tramitación e resolución das solicitudes.

PROCEDEMENTO

As solicitudes presentaranse co formulario PR004A para presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Dende o 10 de xuño de 2021 até o 30 de novembro de 2021, ambos incluídos.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas arrendadoras afectadas polo artigo 1 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, que teñan a consideración de demandante s nos xuízos verbais que versen sobre reclamación de renda ou cantidades debidas polo arrendatario, ou a expiración do prazo de duración de contratos subscritos consonte á Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, que pretendesen recuperar a posesión da finca. Todos estes procedementos xudiciais deben ter sido suspendidos con carácter extraordinario e temporal ao abeiro do real decreto-lei 11/2020 no período comprendido entre o 1 de abril de 2020 e o 31 de outubro de 2021.

Persoas propietarias xurídicas ou físicas titulares de más de dez vivendas afectadas polo artigo 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, que teñan a consideración de demandantes nos xuízos verbais nos que se su b stancien as demandas ás que se refiren os apartados 2º, 4º e 7º do artigo 250.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, e de denunciantes naqueles outros procesos penais nos que se su b stancie o lanzamento da vivenda habitual daquelas persoas que a estean habitando sen ningún título habilitante para iso. Todos estes procedementos xudiciais deben ter sido suspendidos con carácter extraordinario e temporal ao abeiro do real decreto-lei 11/2020 no período comprendido entre o 1 de abril de 2020 e o 31 de outubro de 2021.

 

 

 

 

REQUISITOS

Contar cun auto xudicial de suspensión do procedemento de desafiuzamento ou lanzamento ditado ao abeiro do Real decreto-lei 11/2020.

Que a administración competente non tivese adoptado, nos tres meses seguintes á data na que se emita o informe dos servizos sociais sinalando as medidas axeitadas para atender a situación de vulnerabilidade d as persoas arrendatari a s, as anteditas medidas.

PERÍODO DE APLICACIÓN DA COMPENSACIÓN

O que medie entre que se acordase a suspensión ao abeiro do Real decreto-lei 11/2020 e o intre no que a suspensión se levante polo Tribunal ou se acade o límite temporal do 31 de outubro de 2021.

CRITERIOS

V alor medio que correspondería a un alugamento de vivenda no entorno no que se atope a vivenda, de acordo cos índices de referencia que constan na seguinte páxina web:

https://www.observatoriodavivenda.gal/gl/prezos-dos-alugueiros

Se dito valor fose superior á renda que viñese percibindo a persoa arrendadora, a compensación consistirá en renda deixada de percibir.

Gastos correntes da vivenda que acredite ter asumido a persoa arrendadora ou propietaria, polo período que medie entre que se acordase a suspensión e o momento en que a se levante polo Tribunal ou por acadar o límite temporal do 31 de outubro de 2021.

Prexuízo económico que lle ocasionou á persoa propietaria que lle entrasen na vivenda ao se atopar esta ofertada en venda ou arrendamento, só nos casos de suspensión do lanzamento do artigo 1 bis do Real Decreto-lei 11/2020. A compensación deste prexuízo consistirá no valor medio que correspondería a un alugamento de vivenda no entorno en que se atope o inmoble, determinado a partir dos índices de referencia do prezo do alugamento de vivenda que constan na páxina web https://www.observatoriodavivenda.gal/gl/prezos-dos-alugueiros, máis os gastos correntes da vivenda que acredite ter asumido á persoa propietaria polo período que medie entre que se acordase a suspensión e o intre no que a mesma se levante por auto ou por acadar o límite temporal do 31 de outubro de 2021.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Solicitude mediante o formulario PR004A dirixida á Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego d a Vivenda e Solo.

NIF da persoa solicitante.

Acreditación da representación, no seu caso.

Exposición razoada e xustificada da compensación solicitada.

Auto xudicial da suspensión do desafiuzamento ou do lanzamento ditado en aplicación do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo.

Contrato de arrendamento no caso das suspensións do artigo 1 do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo.

Xustificantes dos gastos correntes da vivenda que tivo que asumir a persoa arrendadora ou propietaria polo período que medie entre que se acordase a suspensión e o intre en que o Tribunal a levante ou por acadar o límite temporal do 31 de outubro de 2021.

Documentación acreditativa de se atopar a vivenda ocupada ofertada en venda ou arrendamento con anterioridade á entrada no inmoble, nos casos das suspensións do artigo 1 bis do Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo.

Declaración responsable da conta bancaria da persoa arrendadora ou propietaria na que se realizará o pagamento da compensación.

Toda aquela documentación que se considere oportuna para acreditar a compensación que se solicita.

 

 

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas

Obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es

Persoas físicas non incluídas no suposto anterior

Potestativamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (forma preferente de presentación de solicitudes):

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=es

Ademais, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015. Tamén poderán realizar o resto dos trámites do procedemento por medios non electrónicos ou ben exercitar o seu dereito a relacionarse electronicamente coas Administracións públicas.

 

 

 

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.