En virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da
Vivenda e Solo , este organismo goza de postestade expropiatoaria, actuado como Administración
expropiante en beneficio do citado organismo ou para outras entidades públicas que se dediquen a
actuacións de solo empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os proxectos de expropiación deben ser sometidos a información pública para que aquelas
persoas que poida resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen
convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos
dereitos.