Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Alertas-Covid-19 » Guía da moratoria hipotecaria

ALERTAS-COVID 19

MORATORIA DOS CRÉDITOS HIPOTECARIOS EN CASOS DE SITUACIÓN DE VULNERABILIDAD COMO CONSECUENCIA DO COVID 19

BENEFICIARIOS
  • Debedores con hipoteca sobre a súa vivenda habitual
  • Fiadores e avalistas de outro debedor que avalasen coa súa vivenda habitual
REQUISITOS DA HIPOTECA
  • A hipoteca deberá ter sido destinada a adquisición dun dos seguintes bens:
    • A vivienda habitual.)
    • Inmobles afectos á actividade económica que desenvolvan os empresarios e profesionais incluídos no Real Decreto
    • Vivendas distintas á habitual en situación de alugueiro e para as que o debedor hipotecario persoa física, propietario e arrendador de ditas vivendas, deixara de percibir a renda do alugueiro dende a entrada en vigor do Estado de alarma ou deixe de percibila ata un mes despois da finalización do mesmo.
REQUISITOS
  • Que o titular da hipoteca se atope en situación de vulnerabilidade económica. Inclúense os seguintes supostos, sempre que sexan como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada polo Covid-19:
    • Traballador en situación de desemprego
    • Empresario ou profesional: perda substancial de ingresos ou unha caída substancial das súas vendas do 40 por cento.
  • Ingresos da unidade familiar

Compútanse os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar, correspondentes ao mes anterior á solicitude.

O límite máximo de ingresos é o seguinte, segundo as condicións dos membros da unidade familiar:

 

INGRESOS MÁXIMOS 1
CONDICIÓNS
3 IPREM
1.613,52 €
Aplicables con carácter xeral
4 IPREM
2.151,36 €
Aplicable cando 1 membro da unidade familiar cumpra unha destas condicións:
·   Teña declarada discapacidade superior ao 30 por cento
·   Estea en situación de dependencia
·   Padeza enfermidade que o incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral
5 IPREM
2.689,20 €
Aplicable cando o arrendatario cumpra unha destas condicións:
·   Parálise cerebral
·   Enfermidade mental
·   Discapacidade intelectual, cun grado recoñecido igual ou superior ao 33%.
·   Discapacidade física ou sensorial, cun grado recoñecido igual ou superior ao 65 %
·   Enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral

 

 

1 O Real Decreto establece que o límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o Iprem por fillo ou persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o Iprem por fillo no caso de familias monoparentais.

Composición da unidade familiar. Considerase unidade familiar a composta por:

  • o arrendatario
  • o seu cónxuxe no separado legalmente ou parella de feito inscrita
  • os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.

 

  • Pago mensual de hipoteca e subministros.

O custe mensual da hipoteca sumado ao dos subministros básicos para a mesma (auga corrente, electricidade, gas, gasóleo para calefacción, servicios de telecomunicación fixa e móbil e posibles contribucións á comunidade de propietarios) deberán ser iguais ou superiores ao 35 por cento dos ingresos netos mensuais que perciba o conxunto de membros da unidade familiar.


SOLICITUDE DE MORATORIA

O inquilino presentará ante a entidade financeira a solicitude de moratoria e a documentación indicada no Real Decreto.

  • Prazo de presentación da solicitude: ata 15 días despois do fin do estado de alarma.

 

RESPOSTA Á SOLICITUDE DE MORATORIA

O prazo de resposta por parte da entidade acredora é de 15 días a partir da presentación da solicitude.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

Xunto coa solicitude de moratoria, o arrendatario deberá presentar ao propietario da vivenda a seguinte documentación:

  • Desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións. Debe constar a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • Cese de actividade dos traballadores por conta propia: certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración de cese de actividade realizada polo interesado.
  • Número de persoas que habitan na vivenda habitual:
    • Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
    • Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
    • Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar una actividade laboral.
  • Titularidade dos bens:
    • Nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.

A nota simple pode solicitarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro da Propiedade onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da mesma poboación. Máis información en www.registradores.org

    • Escrituras de compravenda da vivenda ou do inmoble suxeito á hipoteca e de concesión do préstamo con garantía hipotecaria.
    • Contrato de arrendamento no caso de que a vivenda estea alugada.
  • Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo o real decreto-lei.

No caso de que o solicitante da moratoria non poida aportar algún dos documentos indicados poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación dos motivos, relacionados coas consecuencias da crisis do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo de un mes para achegar os documentos que no tivera facilitado.


EFECTOS DA MORATORIA

Os efectos da moratoria son os seguintes:

  • Suspensión do pago da hipoteca durante o prazo de tres meses e a conseguinte non aplicación durante o período de vixencia da moratoria da cláusula de vencemento anticipado que, no seu caso, constara no contrato de préstamo con garantía hipotecaria.

A duración da suspensión poderá ser ampliada por acordo do Consello de Ministros.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.