O Consello da Xunta aprobou o
Plan rehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda
2015-2020, que define as liñas estratéxicas das políticas públicas nesta materia e que suporá
mobilizar máis de 600 millóns de euros, cunha previsión de beneficiar a máis de 152.000 galegos.
Desta cantidade total, 307 millóns de euros corresponden a investimentos directos da Administración
Pública, e outros tantos con investimentos inducidos de carácter privado.