Regulados pola
Orden
TMA/378/2020, de 30 de abril, publicada no Boletín Oficial do Estado do 1 de maio de 2020
BENEFICIARIOS
Os arrendatarios titulares dun contrato de alugueiro de vivenda habitual.
REQUISITOS DO INQUILINO
-
Que o titular do contrato ou algún membro da unidade familiar se atope
afectado por unha circunstancia que implique a redución de ingresos. Inclúense os seguintes
supostos, sempre que sexan como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada polo
Covid-19:
-
Traballador en situación de desemprego
-
Traballador sometido a Expediente de Regulación de Emprego. (ERTE)
-
Empresario ou profesional sometido a redución de xornada por motivo de
coidados ou circunstancias similares que supoñan una perda substancial de ingresos.
-
Ingresos da unidade familiar
Compútanse os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar,
correspondentes ao mes anterior á solicitude.
O límite máximo de ingresos das unidade familiar é de 5 veces o Iprem (2.689,20
euros)
O custe mensual do alugueiro da vivenda sumado ao dos subministros básicos para
a mesma (auga corrente, electricidade, gas, gasóleo para calefacción, servicios de telecomunicación
fixa e móbil e posibles contribucións á comunidade de propietarios) deberán ser iguais ou
superiores ao 35 por cento dos ingresos netos mensuais que perciba o conxunto de membros da unidade
familiar.
Non poderán acollerse á moratoria cando a persoa arrendataria ou algún membro da
unidade familiar sexa propietaria ou usufrutuaria de algunha vivenda en España, excepto si
acreditan a non dispoñibilidade da mesma por causa de separación ou divorcio, por calquera outra
causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade do seu
titular ou de algunha das persoas que conforman a unidade de convivencia.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Xunto coa solicitude de moratoria, o arrendatario deberá presentar ao
propietario da vivenda a seguinte documentación:
-
Desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións. Debe constar a
contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
-
Cese de actividade dos traballadores por conta propia: certificado da Axencia Estatal da
Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración
de cese de actividade realizada polo interesado.
-
Número de persoas que habitan na vivenda habitual:
-
Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
-
Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con
referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses
anteriores.
-
Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente
para realizar una actividade laboral.
-
Titularidade dos bens: nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos
os membros da unidade familiar.
A nota simple pode solicitarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro
da Propiedade onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da
mesma poboación. Máis información en
www.registradores.org
No caso de que o solicitante da moratoria
non poida aportar algún dos documentos indicados poderá substituílo mediante unha declaración
responsable que inclúa a xustificación dos motivos, relacionados coas consecuencias da crisis do
COVID-19, que lle impiden tal aportación. Tras a finalización do estado de alarma e as súas
prórrogas disporá do prazo de un mes para achegar os documentos que non tivera facilitado.
CONDICIÓNS DO PRÉSTAMO
-
Será outorgado por unha entidade financeira adherida á liña de avais de
arrendamento. A lista de entidades será publicada polo ICO na súa
páxina web.
-
Contarán con aval do Estado
-
Destináranse exclusivamente ao pago do alugueiro da vivenda habitual
-
Son compatibles con calquera liña de axudas do Plan de Vivenda 2018-2021 e co
programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos
alugueiros de vivenda habitual que convocará a Xunta no mes de maio. Neste caso a axuda deberá
destinarse ao pago do préstamo.
-
A contía do préstamo poderá acadar o cen por cento do importe de seis
mensualidades de alugueiro, cun máximo de 5.400 euros.
-
As seis mensualidades financiables poderán ser desde o 1 de abril de 2020 e
non poderán ser posteriores a 6 meses a contar desde a firma do préstamo entre la entidade bancaria
e o arrendatario nin posteriores ao fin de vixencia do contrato de alugamento ou as súas
prórrogas.
-
Prazo de amortización ata 6 anos. Poderá pactarse un período de carencia de
seis meses. O prazo de amortización será prorrogable por 4 anos máis se persiste a situación de
vulnerabilidade.
TRAMITACIÓN DO PRÉSTAMO
-
A solicitude poderá presentarse ata o 30 de setembro de 2020
-
O préstamo solicitarase ante a entidade de crédito no modelo de solicitude
publicado no BOE como
anexo á Orde
que regula os préstamos.
-
Os gastos e xuros do préstamo non poderán superar o importe resultante de
aplicar o tipo 1,5 % TAE ao préstamo e serán subvencionados integramente polo Estado
-
A entidade financeira que conceda o préstamo aboará o importe do mesmo ao
propietario da vivenda, por mensualidades