Este programa consiste en incentivar a rehabilitación mediante a concesión de
prestamos cualificados ás persoas promotoras da actuación (persoas físicas que promovan as
actuacións de rehabilitación, persoas membros de comunidades de propietarios/as partícipes nas
actuacións promovidas pola correspondente comunidade en función da súa porcentaxe de participación
e comunidades de propietarios, comunidades de persoas propietarias).
As axudas para as actuacións de rehabilitación poderán consistir en:
-
Préstamos cualificados concedidos polas entidades de crédito no ámbito dos
convenios asinados co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). A contía máxima dos préstamos será
de 30.000€ ou 60.000€, segundo a garantía sexa persoal ou hipotecaria, respectivamente. No caso de
préstamos solicitados directamente polas comunidades de propietarios/as, a contía total do préstamo
non poderá exceder de 10.000 € por vivenda integrante da citada comunidade de propietarios/as. En
todo caso, o importe do préstamo non poderá ser superior ao custe das obras.
-
Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros dos
préstamos cualificados, de modo que o IGVS subsidiaría os xuros, por tramos de ingresos, ata un
máximo de 4 anos.
Persoas beneficiarias
Persoas propietarias ou posuidoras de inmobles: as perosas posuidores deberán contar con
título e contando coa autorización da persoa propietaria. Tamén poden solicitalo para financiar a
súa participación nunha obra promovida por unha CP (neste caso, o importe se calcula en función da
súa porcentaxe de participación).
Comunidades de persoas propietarias : Só teñen dereito ao préstamo, non á subsidiación de
xuros.
Requisitos para acceder ao préstamo: Os ingresos da unidade de convivencia da persoa
solicitante non poderán ser superiores a 6,5 veces o IPREM. Esta limitación non se aplicará aos
supostos de préstamos solicitados directamente polas comunidades de propietarios/as
Requisitos para acceder á subsidiación: Os ingresos da unidade de convivencia non poderán ser
superiores a 5,5 veces o IPREM
Requisitos das actuacións subvencionadas
-
As actuación deben estar incluídas no anexo II da Orde do 20/12/2019 (DOG
14/01/19):
-
Obras de adecuación estrutural e construtiva, de adecuación das condicións de
habitabilidade do edificio ou da vivenda e de mellora de eficiencia enerxética.
-
Obras de adecuación dos edificios ou das vivendas e os seus accesos á
normativa vixente sobre accesibilidade.
-
Obras de adecuación do acabado xeral do edificio e das vivendas aos principios
da boa construcción.
-
Obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas, non
se remataron no momento da construción do edificio (neste suposto deberá xustificarse que a vivenda
ten una antigüidade mínima de 10 anos e que foi habitada durante un mínimo de 5 anos).
Procedemento dos préstamos
- Para acceder aos préstamos do programa, por parte das entidades financeiras colaboradoras, as
persoas promotoras das actuacións de rehabilitación, deberán ter previamente una resolución emitida
polo IGVS.
- Xunto coa resolución de acceso ao préstamo cualificado, as persoas promotoras presentarán ante
a entidade financeira a documentación que esta considere necesaria, especialmente en canto ao
establecemento das garantías.
- A formalización do préstamo deberá realizarse no prazo de tres meses contados desde a
notificación da resolución do IGVS.
-
As entidades deberán notificar ao IGVS a data de formalización dos préstamos, así como a contía
e data das disposicións ata o seu total desembolso.
Entidades colaboradoras
As entidades colaboradoras para os préstamos a persoas físicas son: Caixa Rural,
Caixabank, Abanca e Banco Sabadell.
As entidades colaboradoras para os préstamos a comunidades de propietarios son: Caixa Rural,
Abanca e Deutsche Bank.
Contía e características das axudas
Os préstamos convidos terán as seguintes características mínimas:
-
Contía do crédito: O menor dos seguintes importes:
-
Custe total da obra co límite do orzamento protexible
-
30.000€ (préstamos persoais) o 60.000€ (hipotecarios) ou 10.000 € por vivenda
integrante da comunidade no caso de préstamos solicitados por comunidades de propietarios.
-
Prazo de amortización: Entre 6 meses e 15 anos
-
Garantías: garantía hipotecaria ou garantía persoal.
-
Período de carencia: Poderá establecerse un período de carencia inicial do
capital ata 2 anos.
-
No suposto de actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, os
préstamos calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento
protexible das obras.
-
Sen comisión
Subsidiacións
A porcentaxe da subsidiación dos xuros do préstamo e a súa duración dependerá do
nivel de ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, de acordo co establecido no
seguinte cadro:
IPREM
|
Subsidiación máxima
|
Duración máxima
|
Menor ou igual a 4
|
100% dos xuros
|
48 meses
|
Maior de 4 e menor de 5,5
|
80% dos xuros
|
36 meses
|
Maior de 5,5 e menor de 6,5
|
Sen subsidiación
|
Duración do préstamo
|
No suposto de préstamos solicitados por persoas físicas para financiar a súa participación en
actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias, as subsidiacións dos préstamos
calcularanse para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento
protexible das obras e dos ingresos da unidade de convivencia, sempre que se cumpran os demais
requisitos previstos nas bases reguladoras. No suposto de que simultaneamente coas obras de
elementos comúns se realicen actuacións protexibles nas vivendas do edificio, a subsidiación total
que lle corresponderá a cada vivenda non poderá exceder as porcentaxes máximas establecidas no
cadro anterior.
Prazo de presentación de solicitudes
Neste momento estase a tramitar a resolución da convocatoria de axudas para o
presente exercicio e prevese a súa publicación na segunda quincena do mes de maio.