O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de abril de 2020 sobre a
continuación de procedementos de adxudicación e de concesión de subvencións que estivesen en
tramitación no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, estableceu
aspectos relativos á continuación dos procedementos de concesión de subvencións respecto dos cales
xa se tivesen aprobado e publicado as correspondentes bases reguladoras e convocatoria pero non se
tivese ditado resolución de concesión no dito momento.
O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 24 de abril de 2020, acordou
valorar favorablemente a proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre a
continuación, entre outros, dos expedientes de subvencións cuxas bases e convocatorias estivesen
aprobadas e publicadas no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo,
pero que non se tivese ditado a resolución de concesión, entre os que figuran os seguintes:
Subvencións do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan
estatal de vivenda 2018-2021 (código de procedemento VI432C) - Resolución do 30 de decembro de 2019
(DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2020).
Subvencións do programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas
con discapacidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (código de procedemento VI432D) - Resolución
do 30 de decembro de 2019 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro de 2020).
Subvencións do programa de infravivenda do Plan RehaVIta: Plan galego de
rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (código de procedemento VI406A)
- Resolución do 6 de febreiro de 2020 (DOG núm. 38, do 26 de febreiro de 2020).
Subvencións do programa de fomento de mellora da eficacia enerxética e
sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da
accesibilidade en vivendas do Plan 2018-2021 (código de procedemento VI422E) – Resolución do 6 de
febreiro de 2020 (DOG núm. 38, do 26 de febreiro de 2020).
Subvencións do programa para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e
demais edificios e vivendas de titularidade municipal (código de procedemento VI422F) – Resolución
do 6 de febreiro de 2020 (DOG núm. 38, do 26 de febreiro de 2020).