Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Rehabilitación » Axudas a particulares e propietarios de comunidades » Axudas para ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas PRTR (VI406E)

REHABILITACIÓN

Axudas para ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (VI406E)

Estas axudas teñen por obxecto o financiamento de actuacións ou obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas.
As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas.

Requisitos das actuacións subvencionables

1. De conformidade co establecido no artigo 43 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes á edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %; ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %; ou, no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar a súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento Básico DB HE de Aforro de enerxía do Código Técnico da Edificación.
b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.
2. Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.
3. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da presentación da correspondente solicitude.
4. O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nas vivendas que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder de doce meses, contados desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda.

Contía das axudas

1. O importe da subvención será do 40 % do custe da actuación, cun límite de 3.000 euros.
2. No importe obxecto de subvención poderán incluírse os honorarios dos profesionais interviñentes, o custe da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa, e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custes subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible sempre e cando non poida ser susceptibles de recuperación ou compensación total ou parcial.
3. O custe mínimo da actuación terá que ser igual ou superior a 1.000 euros por vivenda.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de outubro de 2022.

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.

Áreas de Rehabilitación Integral(ARI)

A rehabilitación dos contornos urbanos plásmanse na creación das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) que son a chave para a rehabilitación de espazos urbanos degradados a través de programas orientados á súa conservación, recuperación e mellora de calidade de vida dos seus habitantes.