Artigo 55. Multas e a súa graduación.
1. As infraccións tipificadas nesta lei serán sancionadas con multas nas seguintes
contías:
- As infraccións leves, con multa de 150,25 ata 601,01 euros.
- As infraccións graves, con multa desde 601,02 ata 3.005,06 euros.
- As infraccións moi graves, con multa desde 3.005,07 ata 60.101,21 euros.
Estas contías poderán ser revisadas e actualizadas pola Xunta de Galicia.