Coa necesidade de programar as necesidades de solo productivo para a comunidade autónoma
de Galicia, dende a Dirección Técnica de Solo estase a tramitar instrumentos de ordenación do
territorio recollidos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e
regulamentada polo Decreto 80/2000, de 23 de marzo:
Plans e proxectos sectorias de incidencia supramunicipal.
Con esta premisa ponse en marcha a redacción e tramitación do Plan Sectorial de Ordenación de
Areas Empresarias na Comunidade Autónoma de Galicia que ordenará superficie de solo empresarial
para poder desenvolver ata o ano 2024, partindo cos seguintes obxectivos
fundamentais:
Cuantificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial que debe urbanizarse no
ano horizonte do Plan Sectorial, para cubrir as necesidades da demanda estimada.
Definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións de carácter empresarial
para cubrir a longo prazo as necesidades de solo empresarial derivadas da aplicación das
Directrices de Ordenación do Territorio, mediante o estudo da capacidade de acollida do territorio
para actividades empresariais.
Por outra banda, facilítase tamén aos empresarios o solo dispoñible nas catro provincias
galegas promovidas polas Xestures e o IGVS para que poidan desenvolver os seus proxectos o máis
axiña posible.