Inicio

Xunta de Galicia

ACTUAMOS NO EIDO DA VIVENDA PROTEXIDA

Presentación: Actuacións relacionadas coa vivenda protexida

A creación de vivenda protexida é non só un compromiso do IGVS coa cidadanía senón que é unha das súas prioridades de actuación para atender de xeito integral as necesidades da cidadanía, sobretodo daqueles máis necesitados.

A promoción de VPP, a creación do Rexistro de Demandantes ou a publicación de axudas son as actuacións máis destacadas

Unha das prioridades do Instituto Galego de Vivenda e Solo é a creación de vivenda protexida baixo criterios de calidade arquitectónica, construtiva e de integración co contorno, para que a vivenda protexida deixe de ser sinónimo de vivenda de baixa calidade. Baixo este obxectivo agóchase a intención de atender de xeito integral as necesidades de vivenda da cidadanía, especialmente daqueles máis necesitados, mediante medidas axeitadas ás diferentes situacións de necesidade e coa participación de todos os axentes con responsabilidade en materia de vivenda (administracións locais, promotores,  inmobiliarias...)

Deste xeito apóstase por:

  • Incrementar a oferta de vivenda protexida
     
  • Intensificar as políticas de aluguer de vivenda protexida
     
  • Fomentar a transparencia na xestión e na adxudicación de vivenda
     
  • Promover na construción a calidade, sostenibilidade, seguridade, innovación e industrialización
     
  • Intensificar a loita contra o fraude na vivenda protexida


Que se plasma nunha serie de actuacións que o IGVS está poñendo en marcha, entre as que se atopan:

  • Promoción de VPP por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo
     
  • Creación e posta en marcha do Rexistro de Demandantes de VPA
     
  • Publicación de axudas para a compra de vivenda por parte da cidadanía
     
  • Convocatoria de axudas para a construción para uso propio

PARA EMPRESAS E PROMOTORES

Os contidos e servizos que poden ser de interese para empresas e promotores a un só clic de distancia: concursos, resolucións, documentación, servizos...

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.