Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Vivenda protexida » Plans e programas sobre vivenda protexida » Plan de Vivenda 2009-2012 » Compra de vivenda » Compra dunha vivenda de protección autonómica de prezo concertado

Axudas para a compra de vivenda de protección autonómica de prezo concertado

DEFINICIÓN

Son vivendas de protección autonómica de prezo concertado as de nova construción, así declaradas pola Comunidade Autónoma, destinadas á venda para persoas cuxos ingresos familiares non excedan de 6,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples-IPREM e nas que o prezo máximo de venda por m2 de superficie útil da vivenda non exceda do Prezo Básico Nacional por 1,75 para os concellos da zona 1 e por 1,65 para os da zona 2 e por 2,07 nos municipios de ámbito territorial de prezo máximo superior C. (ver táboas de ingresos e de prezos máximos de venda).

 

BENEFICIARIOS 

  • Son adquirentes os compradores e os socios de cooperativas ou membros da comunidade de propietarios desde que se lles adxudica a propiedade dunha vivenda individualizada.
  • Unidades familiares, persoas non integradas en ningunha unidade familiar, e parellas de feito recoñecidas legalmente.
  • A vivenda deberá destinarse a aloxamento habitual e permanente do seu propietario.

 

PREZOS MÁXIMOS DE COMPRA

Ver táboa de prezos na que se indica para cada zona xeográfica o prezo máximo por metro cadrado de superficie útil da vivenda e de garaxe e rocho.



REQUISITOS


Para acceder en propiedade 

  • Que os ingresos familiares ponderados non excedan de 6,5 veces o IPREM pero tampouco sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM
  • A superficie útil máxima da vivenda será de ata 90 m2 con ou sen garaxe ou rocho, a superficie útil dos rochos será como máximo o 15% da superficie útil das vivendas ás que estean adscritos. Poderase incrementar a superficie da vivenda ata chegar aos:
    • 108 m2 se estivesen adaptadas a persoas con discapacidade, con mobilidade reducida permanente.
    • 120 m2 para familias numerosas ou con persoas con discapacidade ou dependentes ó seu cargo ou cando se trate da adquisición de vivendas usadas.

 

  • Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre outra vivenda suxeita a réxime de protección pública, salvo motivos de realoxamento.
  • Non ser titular dunha vivenda libre cuxo valor, a efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais exceda do 40 % do prezo máximo de venda da vivenda obxecto de protección. Este límite pasará a ser do 60 % nos casos de:
    • Familia Numerosa que precise adquirir unha vivenda de maior superficie por incremento de membros da unidade familiar.
    • Persoas maiores de 65 anos, persoas con discapacidade ou vítimas da violencia de xénero ou do terrorismo.
    • Xente moza de ata 35 anos, antiga compradora en primeiro acceso á vivenda en propiedade, cuxas vivendas non excederan de 70 m2 útiles que precisen adquirir unha vivenda de maior superficie polo incremento do número de membros da unidade familiar.

 

Ademais, para obter o préstamo convido

Non ter obtido previamente axudas financeiras para adquisición de vivenda, ao amparo de plans estatais de vivenda durante os 10 anos anteriores á solicitude actual da axuda, salvo:

  • Cando a nova solicitude de axudas financeiras a vivenda se deba á adquisición dunha vivenda para destinala a residencia habitual e permanente, noutra localidade, como consecuencia do cambio de residencia do titular.
  • Cando a nova solicitude de axudas financeiras a vivenda se deba a un incremento do número de membros da unidade familiar para adquirir unha vivenda por parte dunha familia numerosa, con maior superficie útil da que tiña.
  • Cando a nova solicitude de axudas financeiras a vivenda se produza pola necesidade dunha vivenda adaptada ás condicións de discapacidade sobrevida dalgún membro da unidade familiar do solicitante.
  • Cando se cumpran os supostos de non disposición dos dereitos de uso ou desfrute da vivenda ou do valor determinado da mesma, a que se refire o artigo 12, ou ben por pérdida da titularidade da vivenda debida a extinción do condominio como consecuencia dunha separación ou divorcio da parella administrativamente recoñecida como tal, cando a vivenda se adxudica a outra parte.

    Nos tres primeiros supostos será necesaria a previa cancelación do préstamo convido anteriormente obtido, así como a devolución das axudas económicas directas ou, opcionalmente, percibir a diferenza se procedese.

    Para acceder en propiedade a unha vivenda de protección autonómica é necesaria a previa inscrición no rexistro público de demandantes e vivenda de protección autonómica, regulado pola Orde do 29 de xaneiro de 2007.

 

Para o primeiro acceso á vivenda en propiedade 

  • Ingresos familiares ponderados que, en calquera caso, non excedan de 3,5 veces o IPREM.
  • Que non teñan nin tiveran vivenda en propiedade ou que téndoa, ou téndoa tido, os seus titulares non dispoñan do dereito de uso ou disfrute da mesma ou o valor da vivenda (a efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais) non exceda do 25 % do prezo máximo total de venda da vivenda obxecto da actuación protexida.

 

 

CARACTERÍSTICAS DO PRÉSTAMO CONVIDO 

  • Prazo de amortización: 25 anos.
  • Tipo de xuro: variable, fixado e revisado anualmente polo Consello de Ministros.
  • Non terán comisión ningunha.
  • O préstamo estará garantido con hipoteca.
  • Accédese a el directamente ou por subrogación no préstamo convido do promotor.
  • A contía máxima do préstamo será igual ao 80% do prezo fixado na escritura pública de compravenda. No caso de que unha familia numerosa adquira unha nova vivenda con maior superficie útil, dita contía non poderá exceder da diferenza entre o valor da vivenda xa posuída e o prezo da de nova adquisición.
    Se a vivenda tivera praza de garaxe ou rocho vinculados á vivenda, a contía global do préstamo poderá incrementarse como máximo ata o 80% do prezo máximo legal de venda deles.
  • O préstamo poderá ser amortizado, total ou parcialmente, segundo as condicións establecidas no convenio asinado entre o Ministerio de Vivenda e as entidades de crédito.

 

 

AXUDAS PROPIAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

O Instituto Galego de Vivenda e Solo concederá aos adquirentes de vivendas de protección autonómica de prezo concertado que cumpran os requisitos para primeiro acceso á vivenda en propiedade, que formalizaran o préstamo convido, que a súa idade non sexa superior a 35 anos no momento da solicitude e que acheguen a totalidade ou a maior parte dos ingresos familiares, unha subvención de 600 € para gastos de constitución ou subrogación de hipoteca e outros gastos de entrada.

A concesión da axuda efectuarase cando se entregue a escritura pública inscrita no rexistro da propiedade que acredite a transmisión da vivenda e a obtención do préstamo convido; deberá acreditarse no prazo de 4 meses contados desde a inscrición no rexistro da propiedade da escritura pública de compravenda e do préstamo convido



DESTINO E OCUPACIÓN DAS VIVENDAS. PROHIBICIÓNS E LIMITACIÓNS Á FACULTADE DE DISPOÑER. DEREITOS DE TENTEO E RETRACTO

A vivenda destinarase a residencia habitual e permanente do propietario e deberá ser ocupada no prazo de tres meses desde a súa entrega, salvo autorización da delegación provincial.

O réxime legal das vivendas de protección autonómica acollidas a medidas de financiamento deste Plan terá un duración de 30 anos sen posibilidade de descualificación voluntaria.

Estas vivendas non poderán ser transmitidas inter vivos nin ceder o seu uso durante o prazo mínimo de 10 anos desde a formalización da adquisición.

Poderá deixarse sen efecto esta prohibición de transmitir nos seguintes supostos e sempre con autorización da delegación provincial, sen prexuízo dos dereitos de tenteo e retracto da administración: 

  • execución xudicial do préstamo
  • cambio de localidade da residencia do titular
  • familias numerosas que precisen adquirir unha vivenda de maior superficie por incremento dos seus membros
  • persoas maiores de 65 anos que desexen trasladar o seu domicilio
  • persoas con discapacidade e vítimas da violencia de xénero ou do terrorismo
  • persoas que precisen trasladar o seu domicilio a outra vivenda de menores dimensións

    Nos dous primeiros supostos se se obtiveron axudas financeiras, requirirase a previa cancelación previa do préstamo e o reintegro das axudas económicas estatais e autonómicas recibidas, máis os xuros legais producidos desde o momento da percepción.
    Nos últimos catro supostos, se se obtiveron axudas financeiras, soamente se requirirá a cancelación previa do préstamo.

    As posteriores transmisións destas vivendas estarán suxeitas a autorización e determinación do prezo máximo de venda por parte da delegación provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

PLAN SECTORIAL GALEGO

         O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a impulsar unhas medidas orientadas especialmente a dispor do solo adecuado e suficiente para a construcción de vivendas sometidas a algún réxime de promoción e protección pública, de acordo coas necesidades da población ….