Inicio

Xunta de Galicia

Para quen?

Nos contratos de arrendamento relativos a vivendas e predios urbanos será obrigatoria a esixencia e prestación de fianza en metálico.
Teñen a obriga de depositar esta fianza os arrendadores de vivendas e predios urbanos ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo.
 
Exceptúanse da obriga de prestar fianza:
A Administración Xeral do Estado, as administracións das comunidades autónomas e as entidades que integran a Administración local, así como os organismos autónomos, as entidades de dereito público e demais entes públicos dependentes delas, cando a renda a satisfacer sexa con cargo ós seus respectivos orzamentos.
Igualmente estarán exceptuados da obriga de depósito os arrendamentos de tempada de duración igual ou inferior a un mes.
 
As empresas, entidades ou administracións públicas que presten subministracións ou servizos deberán depositar no IGVS as fianzas que por calquera concepto lles esixan ós abonados na formalización dos contratos que afecten a vivendas e predios urbanos [1] .


[1] Só se pode satisfacer esta obriga polo réxime concertado.

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.