Nos contratos de arrendamento relativos a vivendas e predios
urbanos será obrigatoria a esixencia e prestación de fianza en metálico.
Teñen a obriga de depositar esta fianza os
arrendadores de vivendas e predios urbanos ante o Instituto Galego da Vivenda e
Solo.
Exceptúanse da
obriga de prestar fianza:
A Administración Xeral do Estado, as administracións das
comunidades autónomas e as entidades que integran a Administración local, así como os organismos
autónomos, as entidades de dereito público e demais entes públicos dependentes delas, cando a renda
a satisfacer sexa con cargo ós seus respectivos orzamentos.
Igualmente estarán exceptuados da obriga de depósito os
arrendamentos de tempada de duración igual ou inferior a un mes.
As
empresas, entidades ou administracións públicas que presten
subministracións ou servizos
deberán depositar no IGVS as fianzas que por calquera concepto lles esixan ós
abonados na formalización dos contratos que afecten a vivendas e predios urbanos
[1]
.
[1]
Só se pode satisfacer esta obriga polo réxime concertado.