Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » O depósito de fianzas de aluger para vivendas e predios urbanos » Importe e prazo da fianza

Importe e prazo da fianza

Importe:
Arrendadores de predios urbanos:
1.      Arrendamento dunha vivenda por período non inferior a 1 ano:
1 mensualidade completa da renda de aluguer.
2.      Arrendamento dunha vivenda por tempadas (1):
2.1.           Contratos por períodos mensuais:
2 mensualidades de renda x núm. meses duración
12 meses

 2.2.           Contratos por períodos diarios:

2 mensualides de renda x núm. días duración
365 días

 

2. Arrendamento dun predio para uso distinto do de vivenda:

2 mensualidades completas da renda de aluguer.

 

(1) Teñen a consideración de arrendamentos de tempada os de duración inferior a un ano (artigo 29 da Lei 8/2012, de 29 de xuño, de vivenda de Galicia).

Empresas, entidades ou administracións públicas que presten subministracións ou servizos:

Ingreso da cantidade que, en concepto de fianza lles esixan ós seus abonados na formalización dos contratos.

Prazo

Un mes que se contará a partir da firma do contrato, con independencia da súa entrada en vigor

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.