Resolucións de inicio do procedemento de Segundas Transmisións VPP
Resolucións de inicio do procedemento de Segundas Transmisións VPP na provincia de Lugo
Resolucións de inicio do procedemento de selección de adquirentes de vivenda de promoción
pública en segundas ou posteriores transmisións de varios concellos da provincia de Lugo.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o
Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que
se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar
irregularidades na compravenda de vivenda protexida. É
CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se
axuste á túa solicitude;
EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e
TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.