Todos estes modelos atópanse no Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o
procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus
obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de
vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.