Son entidades de control de calidade da edificación aquelas
capacitadas para prestar asistencia técnica na verificación da calidade do proxecto, dos materiais
e da execución da obra e as súas instalacións de acordo co proxecto e a normativa aplicable. Para o
exercicio da súa actividade en todo o territorio español será suficiente coa presentación dunha
declaración responsable na que se declare que cumpre cos requisitos técnicos esixidos
regulamentariamente ante o organismo competente da Comunidade Autónoma na que teña o seu domicilio
social ou profesional.
Son laboratorios de ensaios para o control de calidade da
edificación os capacitados para prestar asistencia técnica, mediante a realización de ensaios ou
probas de servizo dos materiais, sistemas ou instalacións dunha obra de edificación. Para o
exercicio da súa actividade en todo o territorio español será suficiente coa presentación dunha
declaración responsable por cada un dos seus establecementos físicos dende os que presta os seus
servizos na que se declare que estes cumpren cos requisitos técnicos esixidos regulamentariamente,
ante os organismos competentes da Comunidade Autónoma correspondente.
Son obrigas das entidades e dos laboratorios de control de
calidade:
a) Prestar asistencia técnica e entregar os resultados da súa
actividade ao axente autor do encargo e, en todo caso, ao responsable técnico da recepción e
aceptación dos resultados da asistencia, xa sexa o director da execución das obras, ou o axente que
corresponda nas fases de proxecto, a execución das obras e a vida útil do edificio.
b) Xustificar que teñen implantado un sistema de xestión da
calidade que define os procedementos e métodos de ensaio ou inspección que utiliza na súa
actividade e que contan con capacidade, persoal, medios e equipos axeitados
Requisitos para o exercicio da actividade
Co obxecto de exercer a súa actividade, as ECCE e os LECCE
deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Presentar a declaración responsable correspondente ante o
IGVS, xunto co xustificante do pago de taxas relativas á declaración responsable, establecidas no
anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da
Comunidade autónoma de Galicia.
b) Cumprir os requisitos xerais, técnicos e de calidade
establecidos para a realización dos ensaios e as probas de servizo nos que vaian a prestar a súa
asistencia de acordo co Anexo II do Real Decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven
os requisitos esixibles ás entidades de control de calidade da edificación e aos laboratorios de
ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da súa actividade.
O órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia para a verificación, o control e a
inspección das ECCE e dos LECCE, así como para a recepción da declaración responsable que lles
habilita para o exercicio da súa actividade e as consecuencias administrativas derivadas da
mesma é o Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Rexistro de Entidades e Laboratorios
RELAGA