As competencias do IGVS neste eido teñen a súa orixe na crecente preocupación, por parte de
todos os axentes públicos e privados, pola calidade da edificación. Neste sentido xa o
Decreto 232/1993, polo que se regula o control de calidade na edificación, obriga a que os
proxectos de execución inclúan na súa memoria un anexo de control de calidade no que se recollan as
características e requisitos que deberán cumprir os materiais e unidades de obra.
Tamén debe recoller o presuposto de control de calidade, sendo necesario acredita-la realización
do dito control para a obtención do certificado final de obra. Así mesmo obrígase a contratar os
servizos dun laboratorio acreditado que cumpra cos requirimentos de independencia e obxectividade
fronte a calquera interese externo. Finalmente este mesmo Decreto otórgalle o IGVS a facultade
inspectora, de oficina ou por instancia de parte, para calquera obra en execución dentro de
Galiza.