Inicio

Xunta de Galicia

Segundas Transmisións de Vivendas de Promoción Pública

Resolucións de inicio do procedemento de Segundas Transmisións VPP : Co obxecto de seleccionar adquirentes para as vivendas de promoción pública en segundas transmisións, son ofertadas a través da páxina web do IGVS ás persoas que, atopándose inscritas no Rexistro Único de Demandantes nas datas de resolución do inicio do proceso de, manifesten por escrito o seu interese na adquisición no prazo de 15 días dende a data de alta na páxina web.

Publicidade permanente de VPP en Segundas Transmisións : Co obxecto de seleccionar adquirentes para as vivendas de promoción pública en segundas transmisións xa ofertadas previamente a través da páxina web do IGVS continúase coa publicación da oferta en dita páxina para xeral coñecemento co fin de que as persoas que figuren inscritas no Rexistro Único como demandante de vivenda de promoción pública poidan manifestar por escrito o seu interese.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.

Bonificación Solo Empresarial

Para medrar con bases sólidas. Ata un 50% de bonificación e con axudas no financiamento do teu proxecto