Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Vivendas de protección autonómica » Que é o Rexistro de Demandantes?

O REXISTRO ÚNICO DE DEMANDANTES DE VIVENDA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

¿Que é o Rexistro de Demandantes?

O Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia créase polo Decreto 1/2010, de 8 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro).

Será público e único e de aplicación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

O Rexistro de Demandantes de vivenda pretende ser un procedemento áxil e transparente para a adxudicación das vivendas, respectando a capacidade de elección dos solicitantes e garantindo a igualdade de posibilidades no acceso ás vivendas dos demandantes inscritos.

O Rexistro de Demandantes de vivenda pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.

Acceso ao seguimento de tramitación online de expedientes do rexistro único de demandantes de Galicia

AXUDÁMOSCHE A ALUGAR

O Instituto Galego de Vivenda e Solo considera a dinamización do mercado do aluguer un dos seus obxectivos prioritarios. Por isto mantén unha serie de medidas que axudan, ao demandante de vivenda de aluguer, a satisfacer as súas necesidades de vivenda.