En tanto non se desenvolva regulamentariamente, a Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de
Galicia, aplicarase o disposto no Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as
axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a
xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período
2009-2012.
PROCEDEMENTO
1º paso: Inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida.
2º paso: Sorteo e adxudicación das vivendas
3º paso: Acreditación de que cumpre os requisitos para acceder a vivenda que
solicita.
4º paso: Adxudicación definitiva e sinatura do contrato.
►
1º paso. A INSCRICIÓN NO REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA
¿Quen debe inscribirse no Rexistro?
Deben inscribirse no Rexistro as persoas ou unidades familiares ou convivenciais que desexen
comprar unha vivenda de protección autonómica .
¿Cales son as excepcións a obriga de inscrición?:
- As persoas que individualmente promovan a construción de vivendas de protección autonómica para
uso propio, que non estean agrupados en cooperativas ou comunidades de propietarios.
- As persoas que permutan solo por vivenda.
- As cooperativas ou comunidades de propietarios que promovan vivendas de protección autonómica,
salvo que teñan vivendas vacantes.
- As organizacións sindicais e asociacións cando sexan promotores de vivendas, salvo que teñan
vivendas vacantes.
- Os demandantes de aloxamentos protexidos destinados a albergar persoas relacionadas coa
comunidade universitaria ou investigadores científicos.
- Os que accedan a unha vivenda protexida como consecuencia de realoxos
¿Que debe facer a persoa interesada?
Debe cubrir o modelo de solicitude normalizado e xuntar os documentos que nel se indiquen.
Poderá conseguir o impreso na web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (en adiante IGVS)
www.igvs.es ou nas oficinas de información do IGVS.
Presentación da solicitude.
Pode presentar nas Oficinas do Rexistro do IGVS o modelo de solicitude debidamente cuberto (para
o que pode solicitar axuda do persoal de atención ao público).
Tamén pode enviar a solicitude a través de:
- Os rexistros de calquera órgano administrativo, da Administración Xeral do Estado, de calquera
Administración da Comunidade Autónoma ou a dalgunha das entidades que integran a Administración
Local se neste último caso se subscribira o oportuno convenio.
- As oficinas de Correos.
- As representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
NOTA IMPORTANTE: Lembre que a vixencia da inscrición é de tres (3) anos dende a resolución
administrativa de inscrición, e vostede deberá comunicar ao Rexistro calquera cambio das
circunstancias persoais que se indican na solicitude (aumento ou cambio dos membros da unidade
familiar, cambio nas circunstancias económicas, etc.)
Tipos de vivendas que pode solicitar:
-
Vivendas de protección autonómica de
réxime especial (ingresos máximos 2,5 veces o IPREM)
-
Vivendas de protección autonómica de
réxime xeral (ingresos máximos 4,5 veces o IPREM)
-
Vivendas de protección autonómica de
réxime concertado (ingresos máximos 6,5 veces o IPREM)
Ir ao comezo
►
2º paso. SORTEO E ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS (arts. 32 e ss. do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro,
DOGA 21.01.2010)
Antes da cualificación definitiva como vivendas protexidas deberá iniciarse o proceso de
adxudicación de todas as vivendas da promoción.
A apertura do procedemento de selección de adxudicatarios declararase mediante resolución do
xefe territorial da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI). Dita
apertura será debidamente publicada co obxecto de que todas as persoas inscritas no Rexistro e que
estean interesadas na adquisición ou alugamento dunha das vivendas do edificio poidan solicitar a
súa inclusión no sorteo dentro do prazo máximo de 15 días hábiles dende o seguinte á publicación da
apertura do procedemento. Dito sorteo realizarase ante fedatario público.
Se o número de solicitantes admitidos non é superior ao número de vivendas ofertadas, as que
queden vacantes, poderán adxudicarse directamente, mediante resolución do xefe territorial da CMATI
entre as persoas inscritas no Rexistro que así o soliciten.
Ir ao comezo
►
3º paso. CUMPRIMENTO DOS REQUISITOS PARA PODER ACCEDER A ESTE TIPO
DE VIVENDAS PROTEXIDAS:
1) Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda
suxeita a protección pública en España.
2) Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por
causas non imputables ao interesado ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma
determinado segundo o Imposto de Transmisións Patrimoniais non exceda do 40% do prezo da vivenda
que se pretende adquirir. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
- Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias
que as teñan ao cargo.
- Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao
corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Vítimas do terrorismo e mulleres vítimas de violencia de xénero.
3) Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da
comunidade autónoma de Galicia.
4) Ingresos mínimos (0,7 IPREM). Ver cantidade equivalente en ficha aparte.
5) Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que se solicite
(réxime especial 2,5 veces IPREM, réxime xeral 4,5 veces IPREM, e réxime concertado 6,5 veces
IPREM).
Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares:
Para o cálculo dos ingresos súmanse as casiñas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo
de presentación vencido.
Cadro de equivalencias IPREM / euros: ver ficha aparte
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS
computará como se houbera un membro máis.
Ir ao comezo
►
4º paso. ADXUDICACIÓN DEFINITIVA E SINATURA DO CONTRATO
Unha vez realizado o sorteo e confeccionada a lista, procederase á publicación da relación de
adxudicatarios definitivos e dos que quedan en reserva co seu número de orde na páxina web do IGVS.
Dita lista será enviada á empresa promotora, que debe realizar a notificación a todos os
adxudicatarios.
Notificados os adxudicatarios pola promotora disporán dun prazo de 45 días naturais desde a
recepción da notificación para perfeccionar o contrato, e o promotor deberá remitilo no prazo de 1
mes desde a sinatura, á Xefatura de Área Provincial do IGVS.
Ir ao comezo
RÉXIME LEGAL DAS VIVENDAS
Destino. A vivenda deberá destinarse a residencia habitual e permanente do seu
propietario.
Duración. O réxime de protección das vivendas será o que conste na
cualificación definitiva.
Transmisión da propiedade
:
A venta destas vivendas so poderá efectuarse a persoas que cumpran cos requisitos establecidos e
por un prezo máximo fixado polo IGVS, debendo solicitarse a pertinente autorización.
As vivendas estarán sometidas ós dereitos de adquisición preferente, tanteo e retracto da
administración.
Teléfonos de axuda e direccións de interese:
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 184 801
|
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
|
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
|
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
|
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982
|