Este programa de axudas está previsto no Real
decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, e ten por
obxecto financiar actuacións de rehabilitación de edificios e/ou vivendas ao abeiro do Programa de
fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do
Plan 2018-2021.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa
para esta convocatoria:
a) As persoas físicas, xa sexan propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de
tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios.
b) As comunidades de persoas propietarias, así como as agrupacións de comunidades de persoas
propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de
propiedade horizontal.
c) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no
artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.
d) As persoas físicas inquilinas dunha vivenda que asuman, en virtude dun acordo coa persoa
arrendadora, o custo das actuacións de rehabilitación que correspondan, a cambio do pagamento da
renda.
Requisitos das actuacións:
• As actuacións subvencionables só poden realizarse
en vivendas unifamiliares, en edificios de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas
nestes edificios. Un edificio de tipoloxía residencial colectiva é o edificio composto por máis
dunha vivenda, cuxo uso predominante sexa o residencial e onde cada vivenda conte coa
correspondente referencia catastral.
• Os edificios ou vivendas deben estar finalizados antes do 01/01/1996.
• No caso de vivendas unifamiliares ou nas vivendas situadas en edificios de tipoloxía
residencial colectiva, estas deben constituír o domicilio habitual e permanente á data da
solicitude, da persoa propietaria, ou, de ser o caso, da persoa inquilina ou moradora. Esta
circunstancia acreditarase co correspondente certificado de empadroamento.
• No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva:
- Polo menos o 70% de superficie sobre rasante debe ter uso residencial (excluída planta
baixa e inferiores).
- Polo menos o 50% das vivendas do edificio deben constituír o domicilio habitual á data da
solicitude, das persoas propietarias, ou, de ser o caso, das persoas inquilinas ou moradoras.
Actuacións subvencionables
Consideraranse actuacións subvencionables para o
fomento da conservación as seguintes actuacións:
-
As relativas ao estado de conservación da
cimentación, da estrutura e das instalación.
-
As relativas ao estado de conservación de
cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras, incluídos procesos de desamiantado.
-
As relativas á adecuación interior da vivenda
unifamiliar, agrupada en fila ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, ás condicións
mínimas de funcionalidade, habitabilidade, seguridade e hixiene legalmente exixidas.
Consideraranse subvencionables, para a mellora da
seguridade de utilización e da accesibilidade, as seguintes actuacións:
-
A instalación de ascensores, salvaescaleiras,
ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluídos os adaptados ás necesidades de persoas
con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á
normativa sectorial correspondente.
-
A instalación ou dotación de produtos de apoio,
tales como guindastres ou artefactos análogos, que permitan o acceso e uso por parte das persoas
con discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas
deportivas, piscinas e outros similares.
-
A instalación de elementos de información ou de
aviso, tales como sinais luminosos ou sonoros, que permitan a orientación no uso de escaleiras,
ascensores e do interior das vivendas.
-
A instalación de elementos ou dispositivos
electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como vídeo porteiros e
análogos.
-
A instalación domótica e doutros avances
tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.
-
Calquera intervención que facilite a
accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas unifamiliares ou en edificios de
tipoloxía residencial colectiva, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á
ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do CTE no
referido á vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e
cociñas.
-
Calquera intervención que mellore o cumprimento
dos parámetros establecidos no documento básico do CTE, de seguridade de utilización e
accesibilidade (DB-SUA).
Contía das axudas
O límite máximo por porcentaxe da inversión
correspondente á vivenda é:
40% da inversión en cada vivenda
75% da inversión en cada vivenda, sempre que resulten acreditados ingresos na unidade de
convivencia da persoa propietaria ou inquilina, promotora da actuación e residente na vivenda e
estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
75% da inversión en cada vivenda, se na vivenda reside unha persoa con discapacidade ou maior
de 65 anos e se realicen actuacións para a mellora da accesibilidade.
A contía das axudas terá os seguintes importes unitarios por vivenda:
-
|
|
|
SEGURIDADE DE UTILIZACIÓN E ACCESIBILIDADE (OU ACTUACIÓNS
CONXUNTAS CON CONSERVACIÓN)
|
-
Xeral: 8.000 euros por vivenda + 80
€ m
2/local
-
Persoa con discapacidade: 14.000
euros
-
Discapacidade intelectual igual ou superior a 33% ou física a
65%: 17.000 €
|
(*)Estas contías increméntanse en 1.000 euros por
vivenda e 10 euros m2/local se o edificio é BIC.
(*)Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000
habitantes, incrementaranse un 25% máis nas axudas unitarias.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o 22
de abril de 2021, salvo que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será
obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa
titular da Dirección Xeral do IGVS