Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Realoxos » Realoxos Afectados por Execucións Hipotecarias » Requisitos e prioridades de acceso

Realoxos

Programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias

 
Os requisitos que deberán cumprir os beneficiarios serán:
 
  • Ingresos non superiores a 2,5 veces o Iprem
  • Que se trate da execución hipotecaria da súa única vivenda.
 
Terán prioridade na adxudicación destas vivendas:
 
  • Familias numerosas
  • Unidades familiares monoparentais con fillos a cargo
  • Unidade familiar na que un dos seus membros (ou parentes ata terceiro grado de consanguinidade ou afinidade que convivan na vivenda) teñan declarada discapacidade, situación de dependencia ou enfermidade que o incapacite para realizar unha actividade laboral.
  • Unidade familiar na que o debedor hipotecario se atope en situación de desemprego

Unidade familiar na que exista unha vítima de violencia de xénero.

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.