Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Realoxos » Realoxos Afectados por Execucións Hipotecarias » Presentación

Realoxos

Programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias

 O Programa de Realoxo de Afectados por Execucións Hipotecarias está dirixido especificamente ás familias afectadas por execucións hipotecarias da súa residencia habitual e artellarase a través de dúas vías:

  1. Adxudicación directa de vivendas de promoción pública
  2. Vivendas en alugueiro do Programa Aluga.

Para este programa empregaranse preferentemente as vivendas de promoción pública que forman parte do parque de vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

So nos casos en que non se dispoña de vivendas de promoción pública se recorrerá ás vivendas do programa Aluga, unha vez sexan aprobadas as medidas complementarias ao abeiro de dito Programa.

Documentos relacionados

Documentos relacionados

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.