Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Realoxos » Realoxos Afectados por Execucións Hipotecarias » Procedemento único de Adxudicación

Realoxos

Programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias

A adxudicación das vivendas (tanto de promoción pública como do programa Aluga) realizarase por un procedemento único, da seguinte maneira:
 
1.- Presentación de solicitude, por parte dos interesados, ante o IGVS.
 
2. Revisión da documentación presentada.
 
  • No caso de existir vivenda de promoción pública apropiada para o caso, o expediente remítese á Comisión Provincial de Vivenda que, segundo o Decreto que rexe as vivendas de promoción pública, é a encargada de propoñer a adxudicación directa.
  • De non dispoñer de vivenda VPP remítese o expediente ao Programa Aluga para a adxudicación dunha vivenda do mesmo (unha vez que estean aprobadas as medidas complementarias ao abeiro deste programa).  
 
3.- Adxudicación directa da vivenda por Resolución do Presidente do IGVS
 

VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA

As Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas  promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo  que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través dunha Xunta Cualificadora.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.