Programa de realoxo de afectados por execucións hipotecarias
As condicións de adxudicación das vivendas de promoción pública serán as
seguintes:
ingresos inferiores a 1 vez o IPREM (aproximadamente 7.455,14 euros, supoñendo un
único membro da unidade familiar) Poderán acceder ás vivendas en réxime de ocupación temporal (sen
custe de alugueiro) por un prazo inicial dun ano renovable como máximo ata dous anos, sempre que se
manteñan as circunstancias que xustifican a súa adxudicación. Estableceranse revisións
anuais.
Familias con
ingresos entre 1 e 2,5 veces o IPREM (aproximadamente entre 7.455,14 e 18.712,40
euros, supoñendo un único membro da unidade familiar).
Accederán en réxime de aluguer mediante o pago das rendas
establecidas no decreto 253/2007 do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións
promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Estimación de renda mensual: de 80 a 150
euros.
En ambos casos os adxudicatarios deberán asumir os gastos de comunidade e os relativos a
suministros á vivenda adxudicada.
VIVENDA PROMOCIÓN PÚBLICA
As
Vivendas de Promoción Pública (VPP) son aquelas promovidas polo Instituto
Galego da Vivenda e Solo que, ademais, regula o seu financiamento e adxudicación a través
dunha Xunta Cualificadora.