Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Compra » Vivendas de Promoción Pública Nova » Definición, normativa, directorio e outras consideracións » Réxime de protección. Duración e extinción

Réxime de protección. Duración e extinción

O artigo 60 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, establece que o réxime de protección das VPP terá unha duración de 30 anos desde a data da cualificación definitiva.
 

Non obstante, unha vez transcorrido o prazo sinalado, as VPP manterán o seu réxime de protección mentres:

  • Sexan de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
  • Os seus titulares teñan cantidades pendentes de pagamento ao IGVS.
  • Se manteñan vixentes os contratos de copropiedade sinalados no artigo 51 da Lei 8/2012.

 

O artigo 61 da Lei 8/2012 establece que o réxime de protección extinguirase unha vez transcorran os ditos 30 anos. Será necesaria ademais unha declaración administrativa emitida polo IGVS declarando tal circunstancia.

Documentos relacionados

Documentos relacionados

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.