Inicio

Xunta de Galicia

Solicitudes a petición da persoa interesada

Cambio de titularidade

O cambio de titularidade poden realizarse en dous supostos:
 
  • Inter vivos.
  • Mortis causa.
 
Dependendo do suposto do que se trate o/a interesado/a achegará ao Instituto Galego da Vivenda e Solo o modelo de Solicitude de autorización de cambio de titularidade dunha vivenda de promoción pública xunto coa documentación que nel se especifica.
 
Os/as interesados/as en adquirir a vivenda deberán estar inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, de non cumprir os requisitos para ser adxudicatarios/as dunha VPP, deberase solicitar a súa venda.
 

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.

REXISTRO DE DEMANDANTES

O Instituto Galego de Vivenda e Solo creou o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia co que se pretende ter información rigorosa sobre a demanda de vivenda protexida e permitirá evitar irregularidades na compravenda de vivenda protexida.  É CÓMODO xa que a consellería pode incluirte no sorteo de cada promoción que se axuste á túa solicitude; EFICAZ, porque permite coñecer a demanda real de vivenda protexida; e TRANSPARENTE, na adxudicación da vivenda.