Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Aluguer » Vivendas de promoción pública nova » Solicitudes a petición da persoa interesada » Amortización anticipada total ou parcial

Solicitudes a petición da persoa interesada

Amortización anticipada total ou parcial

(Artigo 58 do Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo).
 
Os/as titulares das vivendas adxudicadas en réxime de compravenda ou de acceso diferido á propiedad que teñan cantidades pendentes de pagamento poderán solicitar a amortización anticipada destas, aínda cando no transcorrese a totalidade do prazo previsto no contrato para o seu pagamento.
 
Amortización anticipada total
 
A amortización será pola totalidade da cantidade pendente de pagamento.
 
Amortización anticipada parcial
 
A amortización será por unha parte da cantidade pendente de pagamento, que en ningún caso poderá ser inferior a 6000 euros.
 
Logo do pagamento existen dúas opcións para o cobro dos recibos pendentes:
 
  • Manter os recibos mensuais cun importe similar ao que se viña pagando, diminuíndo o prazo de amortización.
  • Reducir o importe dos recibos mensuais mantendo o prazo de amortización.
 
Pagamento
 
O pago poderá ser ao contado ou mediante un préstamo concedido por unha entidade financiera.
 
No caso de ter domiciliado o pagamento dos recibos mensuais, antes de presentar a solicitude de amortización deberase anular a domiciliación bancaria, comunicando por teléfono a dita circunstancia ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.
 
Solicitude e documentación:
 

A solicitude presentarase en modelo normalizado e xunto coa documentación que no dito modelo é requerida:

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.