Inicio

Xunta de Galicia

Procedementos de adxudicación

Procedemento ordinario de adxudicación

(Artigos 22 a 30 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas)
 
O procedemento ordinario de adxudicación será o sorteo :
 
Requisitos dos/as participantes
  • Estar inscritos/as con carácter previo no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida da Comunidade Autóma.
  • Haber solicitado vivenda no concello da promoción obxecto do sorteo.
  • As persoas adxudicatarias terán que reunir os requisitos xerais e específicos que se establezan para cada convocatoria.
Órganos tramitadores do procedemento
  • A Comisión Provincial de Vivenda respectiva.
  • A Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) encargarase da determinación das vivendas.
Publicidade do procedemento
  • A resolución de inicio do procedemento e máis as listas provisional e definitiva de adxudicatarios/as e de espera publicitaranse no taboleiro de anuncios do concello onde radiquen as vivendas, nos das Áreas Provinciais do IGVS e na páxina web do IGVS.
Procedemento ordinario de adxudicación
Resolución de inicio do procedemento
Sorteo
Lista provisional de adxudicatarios/as e de espera
  • Virá determinada pola orde de selección que se derive do sorteo.
  • As persoas solicitantes que se consideren prexudicadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para reclamar ante a Comisión Provincial de Vivenda, que deberá adoptar resolución ao efecto no prazo máximo de 3 meses.
Verificación dos requisitos exixidos na convocatoria
  • A Comisión realizará as comprobacións que xulgue oportunas e solicitará a documentación necesaria para tal fin.
  • Se algunha das persoas adxudicatarias non cumprise os requisitos, logo de trámite de audiencia, excluirase da lista provisional e o seu lugar ocuparao a primeira persoa integrante da lista de espera que cumpra os requisitos.
Lista definitiva de adxudicatarios/as e de espera
  • A resolución aprobatoria da lista porá fin á vía administrativa. Contra esta resolución poderase interpor recurso de reposición.
Vivendas vacantes
  • De quedar vivendas vacantes adxudicaranse ás persoas que figuren nos primeiros lugares da lista de espera.
  • No caso de que as vivendas ofertadas non se cubrisen coa lista de adxudicatarios/as e de espera, poderanse realizar tantos sorteos como fose necesario e abrir estes sorteos a solicitantes de localidades limítrofes ou da mesma área de influencia.
Determinación das vivendas
  • A Área Provincial do IGVS determinará a vivenda que lle corresponde a cada adxudicatario/a tendo en conta a mellor adecuación das vivendas á composición da unidade familiar e de convivencia.
Notificación da adxudicación
  • Identificará a vivenda adxudicada no procedemento.
  • Advertirá as persoas adxudicatarias do prazo que teñan, de acordo coa convocatoria, para aceptar ou renunciar a adxudicación e que, no caso de aceptar, deberán efectuar, dentro do prazo indicado, o ingreso dos impostos e gastos que procedan no caso de compravenda da vivenda. Incumprido o prazo por causa imputable á persoa interesada, será advertida de que, de non dar cumprimento aos referidos trámites nun prazo de 15 días hábiles, entenderase que renuncia ao dereito sobre a vivenda, que pasará a situación de vacante e procederase a efectuar a adxudicación a favor da seguinte persoa que figure na lista de espera.
  • A renuncia á vivenda suporá a baixa por un ano no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, de non concorrer as causas xustificadas previstas no artigo 20 do Decreto 1/2010.

 

Plan Vivenda 2018-2021

O Plan de vivenda 2018-2021 ten como obxectivos prioritarios o fomento do alugamento e o fomento da rehabilitación e da rexeneración e renovación urbanas.